sábado, 13 de octubre de 2007

Patrias dun apátrida


Onte celebrouse o día da Patria. Grandes desfiles militares, a lexión, os tanques e os misiles, grandes discursos, aplausos, e sobre todo, as bandeiras. As bandeiras non poden faltar nun día coma este. Persoalmente, respecto ó da identidade, coido que existe demasiada xente de ideoloxías variadas por tratar de encadrarnos identitariamente nun lugar determinado. Dan demasiadas explicacións de porque sí ou porque non, si esta ou a outra bandeira, e quérenme explicar porque eu son o que son. Particularmente, non preciso que ninguén me diga que son lucense, ou do barrio da Milagrosa, ou galego, que tamén, ou español, que tamén. Non porque eu o elixise senón por razóns obvias do azar e da especie humana. Tampouco preciso que me digan como teño que sentir ou actuar. Pero falemos de Galicia e de España. Por suposto que é obvio que toda a riqueza idiomática, cultural, natural, o legado da tradición, o feito de poder compartir estos elementos cos demais é algo importante e valioso. É a nosa vida. Pero de ahí a querer facer distincións ou exaltacións exaltadas de que o meu é mellor ou mais importante, pois non. O noso é o que é. Comparto o gusto polo meu idioma, o galego e pola cultura, pola tradición, pola terra onde nacín e onde vivo, e non sabería dicir se igual ou a ratos, ou mais, todo o legado cultural español, o castelán...en fin. O que trato de dicir é que coido que os nacionalismos, o galego ou español, ou o de Botswana, están ben na medida en que non traten de impoñerse como mellores ou dotados dunha peculiaridade única. Eu non teño patria. Polo menos as patrias que nestes días me queren facer sentir. En todo caso, a miña patria son as amizades, as persoas ás que quero, os cidadáns e cidadás cos que teño que convivir, a música, os libros(o diálogo cos mortos a través do rego da escritura, que dixo Emilio Lledó), e para iso, teño que dicir que as fronteiras desta patria imaxinaria miña, ás veces rómpense ou modifícanse, porque a nosa vida está en constante cambio, e os elementos que entran e saen da miña vida determinan a natureza desta patria que trato de definir. Por isto e sobre todo, en contraposición ás proclamas estúpidas, baleiras de contido e significado que mais que nada, emiten os líderes da dereita, quixera decrararme apátrida por un día. Así que hoxe eu propoñería que se celébrase o Día dos Apátridas, porque ningún paiaso cunha bandeira detrás me ten que dicir o que é e non é importante e patriótico. Nese xogo eu tiro o taboleiro.

Quero que se defenda o galego, e ista é a miña humilde ferramenta, quero que se defenda a nosa cultura, a galega, porque está discriminada respecto á española, pero son partícipe tamén de España, isto é innegable, entón non quero andar todo o día discriminando entre uns e outros. Pero o da dereita, que eu asocio ó termo conservador, antóxaseme insoportable, e relaciónoo á comodidade no estatismo, na non discusión, no feito de non cuestionarse ou revisar as conviccións porque moita xente vive mais cómoda neste contexto, e asócioo a ignorancia en definitiva, e non o digo coma algo despectivo, senón á ignorancia como falta de ilustración, de lectura, de pensamento, de comunicación. Negalo é absurdo. E en ignorar que si hoxe levamos un determinado nivel de vida, que temos que saber en todo momento que é en detrimento de outros: dos marxinais, dos parias, dos que pasan fame e frío, dos que cada día non poden pensar en nada mais que en sair adiante, e é ese o gran problema das vidas de moita xente, non a patria, que por sí soa, non significa absolutamente nada. Mentira. Séneca dicía que as terras frotaban enriba da auga, e que eran as augas revoltas do mar, as que provocaban os terremotos e que as terras se rompesen. Séneca estaba errado neste punto, como a dereita deste país e de moitos outros, a terra non se rompe nin se separa. Só a separan os que promoven a diferencia, a exaltación de elementos baleiros, a diferencia en vez dos lazos comúns. E agora quero rematar cunhas verbas de Eduardo Haro Tecglen, do seu artículo, Querer Ser Hitler, que me parecen altamente ilustrativas do tema que nos ocupa: "...Querer ser Hitler es caer en la trampa de la salvación de la patria: con ella, la religión, la tradición peculiar (la historia de los poderosos), la familia... Cuando oigo clamar porque se pierden esos valores, temo que alguien quiera ser Hitler. O Franco. Y salvarnos. Por favor, no; no merece la pena, y el poder será siempre para los mismos. Para el acero del Ruhr o la industria de Alsacia."


PD: Cancións para hoxe: "Avería y redención" Quique González

" Ay Calixto" Joaquín Sabina

jueves, 11 de octubre de 2007

Albert Plá (tratado de irreverencia)


Onte a noite celebrábanse case que simultáneamente dous concertos na Praza de Ramón Ferreiro e na de Santa María. Dúas propostas diametralmente distintas tanto nos contidos coma nas formas, si ben baixo o carácter musical como denominador común e único, coido. Na Praza de Ramón Ferreiro actuou El Sueño de Morfeo, grupo liderado por unha rapaza que pasa por ser a "chavala" do Fernando Alonso, dicíase nos corriños. Demostrou ser mais que iso. Grande voz, gran posta en escea, bos músicos, en fin...certamente, un grupo pop de éxito, mais sen pretensións e dixeribles para o público en xeral. Cumpriron. Non minto, non gosto da súa música e coido que poderiámolos cambiar por "La oreja de Van Gogh", "Ella baila sola", "El canto del loco", ou "Andy y Lucas", ou "Los mundos de Yupi", ou os misteriosamente desaparecidos "Upa Dance", e aquí non tería acontecido nada. Houbéranse reunido oito mil persoas de igual modo.

Imaxino a grande lexión de potenciais pilotos de fórmula1 residentes na nosa provincia, cos seus coches marelos e negros aparcados perto do concerto, facendo os ruídos dos motores do seu coche namentres babexaban ollando á chavalita do cabrón do Alonso. "Qué boa está, tío" e o outro contesta: "Está boísima, tío." O terceiro di: "Buáh". E logo non din nada mais. Voltan a facer ruídos de motor e imaxinan que a estrada nacional de Portomarín é o circuito de Interlagos.

A proposta vibrante, baixo o meu punto de vista, levouse a cabo na Praza de Santa María (de nuestro Señor) e estou seguro que os oídos pitáronlle ó voso señor bispo de Lugho.
Albert Plá.

Albert Plá. Repito.

Apareceu en escea cunha sorte de túnica e unha chaqueta destrozada, despeinado, coa mirada desafiante, e cun velló sofá feito xiróns por todo atrezzo, na compaña dunha muller que facía os coros e ventos, un baixo, batería e un excelente guitarrista framenco, que se marcou un só estelar nun dos interludios do concerto, deixando boquiabertos e ardendo ós alí presentes. Bravo. Pero falemos do concerto. O artista catalán, baixo o seu vulnerable físico esconde un volcán en erupción. Comezou tranquilo pero pronto brotaron os ritmos vibrantes de ska,reggae, rumba catalana cunhas letras incendiarias. Irreverentes. Definitivas. Coido que non deixou moitos temas escabrosos sen tocar. Dende o varón abandoado pola súa noiva que se vai cun negro, ata o hipotético incendio dos Estados Unidos por parte dun cigarro mal apagado, letras sobre as prisións, sobre a monarquía, inxustiza...todo elo tinguido dun toque surrealista, canalla, de rimas orixinais e humorísticas e, mais que nada, coa posta en escea dun artista difícilmente catalogable, abandoado á lucidez do momento, voando coa súa imaxinación coma se estivese no salón da súa casa, provocador, e sempre sen abandoar esa delgada e case que imperceptible liña que separa a denuncia e a provocación intelixente do patetismo. Engadamos que fixo unha versión memorable do Walk on the wild side de Lou Reed, e xa temos a guinda. Baixo o meu humilde entender, un espectáculo altamente recomendable, sen ser eu un entendido da obra de Albert Plá. Un concerto ó que se podía ir a bailar, sí, pero sacando a bailar as neuronas tamén. Inclusive houbo tempo para referencias á igrexa, mais ben á pertinente desaparición do clero. Sí, por qué non...entendamos que se trata dun desexo pacífico, non de intolerancia.Ollo.
Albert Plá grande.

A camisa de forza



Facía unha bonita tarde para falar só outra vez. Así que namentres me desfacía dos pantalóns e os tiraba no lixo, dirixinme cara o Miño. Gostaba de pasear á beira do río en calzóns, e ollar os velliños ó sol, espiar ás agochadas ás parellas que se apalpaban á sombra dun bidueiro cómprice, pequenos asaltos furtivos á propiedade allea( carteiras, reloxios, cromos, balóns, cadeas de ouro), comparando as facianas da xente que practicaba "jogging", cando todo o mundo semella mais guapo e mellor, e resulta mais difícil distinguir ó inimigo.
En tanto que observaba paralizado a un grupo de espontáneos practicando o "tai- chi" en perfecta armonía, sentía que xa me comezaba a doer a cabeza, e non puiden por menos que berrar:
-¡Kung-Fu!¡Kung- Fu! ¡David Carradine é o mellor, cabróns!
Tampouco semella que o tomaran moi ben, posto que un deles, con insospeitada destreza, atinoume na cabeza coa primeira pedrada. Eu entrei en razón, namentres mollaba na auga do río a miña ferida e liscaba de alí. Continuei camiñando en calzóns e coa cabeza lixeiramente ensanguentada, mais deducín que o sangue xa remitía. De súpeto, no medio do río, e coma esvaecida polo sol da primaveira, crin ver á princesiña que toda a vida agardara. Supuxen que ela viña ó encontro do seu cabaleiro, nunha chalupa procedente dalgunha illa afastada, logo de ser recluída contra a súa vontade nalgún perdido mosteiro. Emocioneime e comecei a berrar, sorrindo coa expresión desencaixada e a mirada perdida:
- ¡Ou, bela dona, son eu, teu "rocamadour"!- ao tempo que cos brazos en alto chimpábame á auga, xusto cando ela pasaba por diante. Mais un remazo na cabeza e o rótulo que puiden ler no lateral da embarcación, "Clube Fluvial de Piragüismo", obrou o desengano, e vin a cara de espanto da miña raíña, que se afastaba de min disfrazada de piragüista.Voltei á beira do río completamente desolado, cantaruxando "Lonely Teardrops", do puto Wilson Pickett. Comecei a camiñar cara a estrada e, ó momento vinme atravesando hortas que me resultaban moi familiares, pois eran as mesmas polas que voltara cara á casa logo de asistir a un casamento había uns anos, en severo estado de irrealidade. Así foi que cheguei ata o recinto feiral de Exposicións e Congresos e, intrigado polo aspecto do garda municipal e polo dalgunha que outra azafata, arranxeime o pelo ensanguentado, escurrín un pouco os calzóns e os carpíns, e entrei. O ambiente era aséptico. Soaba polos altofalantes o Marc Anthony, mais eu esquencera a pistola. Baixei as escaleiras mecánicas e observei que estaban tendo lugar actividades diversas. No primeiro salón había un "Coaching Managers: éxito para triunfadores". Entrei. Unha música algo así coma dance progresivo, enérxico, soaba ó tempo que deceas ou tal vez ducias de homes e mulleres engominados e vestidos de traxe e garabata, dispostos en ringleiras e todos con auriculares e micros incorporados, seguían entusiasmados as ordes do "gurú", ao tempo que botaban e asentían coa cabeza. Achegueime a un deles e preguntei:
- ¿Mólache este rollo?
- Buah, tío! O "gurú" é o mellor, sabe triunfar, el ten a chave, pasouno moi mal, e soubo sufrir.
- ¿E logo?- repuxen intrigado.
- Na súa primeira empresa, botou pola borda un suculento negocio, e os xefes tomárono mal.
- ¿Ai sí?
- Perdeu un testículo a mans dos xefes,- respostoume solemne o tipo- mais aguantou e logo conseguiu seis ascensos seguidos de posto. Agora case é o rei.
- Iso ten mérito, pero debeulle doer. Vaia tío!
- A min cortáronme os dous- afirmou con misterio.
-Supoño que che saíron mal un par de negocios tamén...
- Que va tío, foi nun derbi Santaballés- Roupar, da segunda rexional, eu fun presionar, o lateral púxose inquedo, chutou, e chantouma nos collóns- explicouse o chaval.
Dinlle un guiño de ollo e un "nos vemos" e saín daquel salón con mal corpo. A xente observábame con certas reservas, mais achegueime ó segundo salón. Alí tiñan lugar unhas xornadas tituladas "O actor porno e as disfuncións sexuais: unha ollada comprensiva". Atopábanse reunidos con xesto cabizbaixo, sentados en círculo arredor de corenta homes de idades varias. Namentres me sentaba, un tío de dous metros con aspecto de sueco, pelo rizo, erguíase e falaba polo micrófono dos seus problemas para saír adiante no "oitavo" arte. Como tiña problemas de desapetencia, caérase do circuíto principal das superproduccións e malvivía con papeis secundarios, coma o do tipo que se senta espido e grava todo en vídeo, ó tempo que o actor estrela de turno, comete barbaridades en compaña de dúas actrices convidadas. Logo sentouse e todos lle aplaudiron chorando. Eu derramei algunha bágoa.
Saín desanimado e fun para o último salón da feira. Aquelo fixo que me viñera arriba. Era un congreso- homenaxe sobre Pizo Gómez, o mítico lateral de Osasuna e Atleti entre outros. Atopábanse nunha ponencia chamada " Pizo Gómez: no principio foi a lorcha". Alí estaban varios ex- compañeiros de profesión, todos vestidos de curto, co 3 ou o 2 ás costas e perfectamente equipados: Sánchez Jara, Juan Carlos, Miguel Porlán "Chendo", Secretario, Mikel Lasa, Albert Ferrer, Raúl Bravo e non sei cantos mais, que discutían sobre as influenzas evidentemente warholianas nas "viaxes" que repartía o Pizo en tarefas defensivas. Chendo axustaba a xeonlleira. Todos cantaban: " ¿De qué Panenka viniste, Pizo?". Comezaban a se crecer e puxéronse a facer entradas os uns aos outros, así que escapei de alí.
A megafonía informaba de que un suxeito perigoso entrara no recinto e eu berrei convencido:
- ¡Está aquí!¡É o Pizo! ¡Collede a ese fillo de puta! ¡Que non escape!
Sorprendentemente, comezaron a correr cara min. Houbo unha persecución. Quíxenme entregar, detívenme e ofrecín as mans para ser esposado, mais mudei de idea ó momento. Houbo outra persecución. Pero en chegando á saída, tiven unha visión aterradora, tremendamente familiar; o garda municipal da entrada observábame e eu, exaltado e ido, pregunteille:
- Disculpe, axente, todo ben, nada importante, ¿nunca lle dixeron que se asemella a Juan Pardo, o cantante?
Non lembro nada mais despois dos catro porrazos que me sacudiu na ferida xa aberta da cabeza, que non deixara de sangrar.
Só o regreso en furgoneta cara ó psiquiátrico. Como non había música, imaxinei que soaba "La balsa" de Los Gatos, e en tanto me revolvía na camisa de forza, voltaba a ver as verxas do manicomio abrirse e logo pecharse. Fitándoas xa dende a miña celda, susurrei:
- ¡Fóodase! Os presos sodes vós. Agora xa estou en liberdade.

martes, 9 de octubre de 2007

Visions of Froyland (Johanna)


Dubido que San Froilán coñecese os tenreiros de sete patas, os coches de choque (de maiores e de pequenos) onde se comezan a namorar os nenos e as nenas, e dubido que soubese algo das casetas do pulpo, mesmo dubido que fose un santo(when the saints go marchin´in na voz de Doctor John), mais o que queda claro ó fin é que o San Froilán é a nosa festa grande, o ambiente festivo no que se acumulan centos de visións mais ou menos belas ou esperpénticas. Baixo a luz deslumbrante que irradia o feiral, e no intre en que a retina se acomoda e o cerebro se activa, aínda non contaxiado polos principios activos do pulpo, os cachelos, a carne ó caldeiro ou calquera outra ristra de sustancias subversivas, que sin dúbida tamén participan desta gran festa, pode un distinguir variadas instantáneas de cruenta realidade. Alí, agochados baixo os plásticos que os resgardan do frío, os africanos e africanas chegados supoño que de lonxe tratan de vender as súas mercadorías e no lateral dalgún destes postos, unha figura negra, grande, cociña un arroz a duras penas nun cazo ridículo. As familias felices, axenas a tales complicacións, rifan uns euros por aquela ou estoutra figura, os euros que non escatimamos en calquera camisa ou pantalón. As olleiras do home dos camelos, non me refiro ó capo, senón ó home tipicamente castelán de verba fácil que ameniza os sorteos dos xamóns, anuncian rutinas de horarios escravos, e a voz ronca, o tabaco en grandes doses, viaxa no aire ata difuminarse no arrecendo dos churrascos, dos polos asados, hamburguesas...que provocan a suor de executivos, feirantes, borrachíns ou simples despistados que se deixan levar pola marabunta rúa abaixo, perdidos nas luces de cores e nos gritos histéricos dos meniños que descobren o vértigo pracenteiro nas primeiras fichas do tren dos horrores. Anos despois, estes mesmos meniños descobren outros vértigos menos agradables ás agochadas, fuxindo da realidade en calqueira banco do parque namentres contemplan drogados a preciosidade da noria que xira e xira. Gosto, como seguro que gostan moitos outros, de abandoarme a contemplación da xente de tódolos paos que esgotan as rúas da festa, co andar distraído ou de misión urxente, aqueles dous que xa nos ósos están, que viaxan agarrados ó gabán cos ollos entornados, febriles; sempre hai unha chamada por facer.

Na praza de Ramón Ferreiro ou na de Santa María fican os que moito gostan da música, os nostálxicos ou os rockeiros, os folklóricos, a música. É un espazo polo xeral, de mais calma, ou calma excitación, por unha linguaxe compartida ó unísono dos churreiros, suando no aceite fervendo. A clásica "máquina do ostiazo", isto é, a de boxeador, na que hai que deixar aquela bola de boxeo colgada enriba para lograr a máxima puntuación, que segue enfeitizando as pandillas de bébedos, que visten as mellores galas en vaqueiros horripilantes e pendentes dourados, con peiteados psicodélicos. O vello, roxo e mantido, que sae cego perdido da caseta da Aurora na compaña de dúas putas e ó lado a familia ó completo de pulpada, que cumpre co ritual e cecais mañán saiamos en El Regreso, 100.000 ¿lectores?. Gosta o noivo de encher de peluches á súa namorada e de lanzar con forza as tres bolas para derrubar aquelas latas; para os mais arrisgados, a escopeta de balíns, e inclusive algunha persecución á pura carreira por algún axuste de contas, ó tempo que por aquela esquina, sen saber por qué unha muller mínimamente vestida baixa a rúa entre a xente chorando co rímel esvarando polas meixelas. A festa, en definitiva, unha festa que non entende de vivos ou mortos, de ausencias e incorporacións, a celebración que fai menores os problemas ou os estoupa.
Saín da casa ó feiral con vinte anos e cando cheguei, de noitiña, e me vin no espello, xa tiña setenta e dous. Tomaremos outras dúas de pulpo, non sí?

PD: "La mesa que baile se lleva la chica, sa, sa, sa-sa-sa, cántese ritmo salsa tropical"

lunes, 8 de octubre de 2007

Ardendo(Burning) e Cunqueiro




A célebre e cecais denostada banda de rock Burning, ofreceu na noite do venres un magnífico concerto de arredor de dúas horas, no que deixaron claro que os anos pasan, pero a actitude e o espírito seguen sendo os mesmos dos seus mellores anos. Abriron o concerto con Jim Dinamita e logo foron atacando temas mais e menos coñecidos do seu repertorio, con batería e baixo poñendo a cimentación e unha excelente guitarra eléctrica, todo elo rematado co piano e coa voz de Johny Cifuentes, un supervivinte do rock, que con 55 anos demostrou ser un auténtico indomable e posuir unha das voces do rock en castelán mais xenuínas e auténticas. Abandoou o piano de cando en vez para xogar co público baixo as súas inconfundibles gafas de sol, adornou algunha que outra canción con historias contadas con moito humor e brindou co champán da botella que levaba entre as pernas coreado pola multitude. Con Pepe Risi morto, sucesivos membros da banda tamén finados e inclusive un batería no cárcere, Johny Cifuentes representa unha especie en extinción, un rockeiro na senda dos Stones, en canto a actitude, a sonido rockeiro pero tamén a armonía e a unhas letras intelixentes, autoparódicas e unha voz que nos remite a ilustres seguidores da mesma. Leiva, o de Pereza, non pode negar que toma algo da voz deste "animal" de rock, ou Quique González, na parte mais calma do repertorio Burning. Houbo lugar para un guiño sentimental na parte final do concerto. Subiu a cantar "Mueve tus caderas" un lucense duns sesenta anos, de pelo canoso, longo e con coleta. Con gafas. Eu só o coñecía deste verán, en San Cibrao, e falou con Alba e conmigo nalgunha ocasión, si ben hai que dicir que a fama que posúe é de tolo. O caso é que resulta que era íntimo amigo dun lucense xa finado que foi batería en Burning, lucense por outra parte que abriu o Penta en Madrid, o histórico pub da movida madrileña. Foi un momento emocionante, que deixa constancia da xenerosidade dos Burning e que foi rematado cunha frase que puxo os pelos de punta a moitos dos presentes, cando o lucense en cuestión que subira ó esceario dixo:"Llevaba 34 años esperando este momento...y aunque los años pasaron, vivimos mil aventuras con los Burning y seguirá siendo así, disfrutando de su amistad, del rock&roll...hasta morir!" Foi de beleza poética ver polas pantallas xigantes unha grande cantidade de nenos e nenas, absortos, contemplando sorprendidos ou divertidos como Johny Cifuentes cantaba, namentres acariñaba o piano:"...chupa de cuero, gafas de rock, guau...ahhh, me siento mejor, esto es un atraco nena, ya no ocurrirá jamás..." O concerto rematou e logo actuaron Ilegales, actuación que merecería unha reflexión aparte pois o que aquí escribe sospeita que o líder desta banda posúe ideais un pouco perigosos e ata fascistas e como queira que non desexo manchar o bo recordo do concerto do venres, deixarémolo aquí.

Por outra banda, puiden completar a lectura do libro que foi presentado a semana pasada, escrito por Darío Xohán Cabana, titulado "Cunqueiro e Don Hamlet en Lugo, San Froilán 1959", estudio sobre a posta en escea da obra teatral de Álvaro Cunqueiro, a visión cunqueirana do Hamlet de Shakespeare, e da historia da súa representación no Pavillón de festas en Lugo, o domingo 11 de Outubro de 1959, no que agora son uns enormes garaxes, ó lado da Praza de Comandante Manso, incrible. Foi alí onde en pleno réxime, se representou unha obra teatral en galego, con tódalas dificultades que conlevaba e que dalgún modo é un fito histórico da cultura galega, pois o teatro en galego deixaba as zocas na casa e accedía ó mais culto da linguaxe, dando pulo así a unha lingua esmagada pola ditadura e mais a ignorancia. O libro comprende un delicioso recorrido pola traxectoria de Cunqueiro, regresado de Madrid dende había varios anos, o proceso de xestación desta obra, con múltiples documentos en forma de artigos, noticias e entrevistas da época, correspondencia privada do propio Cunqueiro, Fole, e varios importantes membros das letras galegas da época. E xa que logo, disfrutei enormemente da obra escrita polo Darío, que dase a circunstancia de que é primo segundo meu, pois aproveito a ocasión para recomendar a súa lectura, tratando de esquencer un polémico escrito meu que recolle un suceso acontecido con él o pasado San Froilán na Librería Trama, escrito por outra parte que cecais non foi moi oportunamente enviado por min ó Quico Cadaval, asi como tampouco foi moi afortunadamente explicado por él no seu programa da radio galega, A Boca da Noite.

En fin, nos primeiros días de San Froilán, ademais do pulpo, degustamos tamén Burning e o citado libro de Cunqueiro e Hamlet en Lugo e, tamén, como non, o Síndrome Munchausen, ese breve tratado sobre a naturaleza masculina que escribiu con mestría o Rubén Ceide.

PD: Johny Cifuentes atopábase ás cinco da mañán no Diablo, ese local rockeiro da noite lucense e preguntaba como se podía chegar ata o Jorge I. Ó día seguinte tocaban en Francia.

Canción recomendada: calquera do álbum Dulces 16, de Burning.

sábado, 6 de octubre de 2007

Síndrome de Munchausen


É un honor para Escritos Urxentes, poder publicar o breve relato Síndrome de Munchausen, que xenerosamente, dende o laboratorio, nos fai chegar Rubensiohns, o científico louco, na procura constante da FORMULA. Sen mais dilación, escrito urxente en letras douradas:


SÍNDROME MUNCHAUSEN



Era de noche, y la sangre le resbalaba a borbotones por la cabeza.
Yacía tirada en el cemento húmedo de la acera con sus enormes ojos castaños fijos en ninguna parte. Su cerebro no era capaz de emitir ningún impulso a su malogrado cuerpo y su expresión corporal era ridícula; su rodilla izquierda se doblaba sobre sí misma formando un ángulo imposible, las falanges de sus manos aparecían sobre la piel mostrando toda la fragilidad del esqueleto humano, sus pies se enfrentaban el uno al otro en un giro inverosímil.
Estaba realmente rota.
Dos metros alrededor de la piscina de sangre que comenzaba a ahogarla, los primeros curiosos murmullaban ordinarieces.
Qué mala suerte la del médico argentino que la había auxiliado en primera instancia; pasaba por allí, y se encontró con aquello, y ahora no podía hacer más que agarrarla con suavidad por las muñecas, para no arrancarle las manos, y esperar. Era un tipo de unos cuarenta y pico años, pelo blanco y frondoso y ojos claros. Era asombroso, pero con eso y el acento que se esforzaba por no perder era suficiente para acostarse de vez en cuando con alguna enfermera de prácticas. Justo aquella noche había quedado para cenar con una de ellas en un restaurante a dos manzanas de allí, pero el destino quiso que aquel semi-cadáver lo retuviese hasta quién sabe cuándo. Deseaba con todas sus fuerzas no retrasarse en su primera cita con la rubia de la planta de traumatología porque la chica merecía la pena, sólo quería desentenderse de aquel embolado y continuar con lo suyo. Si hubiera observado con atención, habría visto como el pulgar destrozado de la chica de los enormes ojos castaños fijos en ninguna parte describía minúsculos círculos rojos sobre el pavimento.
Algunas personas habían levantado ya la mirada hacia el edificio residencial, buscando el balcón o la ventana fatídicos, pero nadie podía ver a aquellos dos chiquillos de 3 y 10 años que, aterrados, gimoteaban y se orinaban bajo la cama del dormitorio principal de la sexta planta.
Sobre el ruido de la ciudad se elevó el de la sirena de la ambulancia. La calle se inundó de reflejos naranjas, y el médico resopló aliviado. Con grandes trazos, expuso su actuación y una breve anamnesis de la paciente desde el momento en el que había llegado, haría unos veinte minutos, hasta ahora. Los médicos ambulantes tomaban notas en su cuadernillo y asentían con la cabeza a modo de afirmación. Luego se levantó, palmeó la espalda de los colegas de la unidad móvil de hospitalización, y se fue caminando. Nadie le escuchó silbar cuándo dio la vuelta a la esquina y comenzó a apretar el paso; la chica de traumatología llevaba ya quince minutos de espera, demasiado para la primera cita.
Un coche de policía hizo su entrada en la escena. Llevaba las luces y las sirenas apagadas; su urgencia no era tanta como la de los doctores. Interrogaron brevemente a los curiosos, mas ninguno pudo decir gran cosa a no ser lo allí obviado: una mujer, sangre, una probable caída o empujón, un susto enorme, nadie la conocía, todos querían ayudar... Llamaron a la puerta de la residencia y comenzaron a indagar en las viviendas. Tardarían todavía cuarenta minutos hasta llegar a la sexta planta, en la que los niños, presas del terror, no se habían movido aún de su escondite.
Aún era de noche cuándo la ambulancia y el coche de policía abandonaban el lugar; los unos con una chica de enormes ojos castaños tapada completamente por una sabana blanca, y los otros con dos niños que todavía no comprendían qué extraordinaria fuerza de la naturaleza había trastornado de aquel modo sus vidas aquella noche.

Cerca de allí, aproximadamente a dos manzanas, la enfermera en prácticas que aquella noche había cumplido su sueño de cenar con el más guapo de los doctores del hospital, notó como algo vibraba en el interior de su bolso. Sonrió con la más dulce y pícara de sus sonrisas al médico y se disculpó mientras cogía el teléfono móvil.
Algo malo, pensó el individuo argentino que hasta hacía cinco segundos estaba seguro de que se acabaría acostando con ella, con la de traumatología, o la rubia de traumatología, a fin de cuentas que más daba su nombre, pensaba el doctor, Marisa, Maribel, Mari Carmen... Algo malo está pasando, se dijo al ver como la cara angelical y sonriente de la rubia se convertía en una mueca de terror y tristeza a medida que su confidente al otro lado del móvil soltaba palabras que iban cayendo en sus oídos como losas. Lloraba cuándo, con manos temblorosas, guardó el móvil en el bolso e hizo ademán de levantarse. “¿Y qué pasó tan malo como para que me dejés aquí solo?”, se esforzó el médico por hablar argentino. “Mi hermana se ha tirado por la ventana. He de irme...”

“Mierda”, pensó el médico. Esperó a que la rubia saliese del local y miró el reloj. Faltaban quince minutos para que la pelirroja de urgencias acabase su turno. Con ánimo renovado, metió la mano en el bolsillo de la camisa y se dispuso a llamar por el móvil...

jueves, 4 de octubre de 2007

O clube dos lunáticos (aristócratas do fracaso)


Isto é unha mensaxe especialmente adicada a Lady Falbalá, a princesa no torre do castelo, a Monsieur Michael(lateral), ó marqués Rubens Vasquiat(mediapunta), ó científico louco Rubensiohns (dianteiro) e a Lord Braisons Garcians(central), que por outra parte deben conformar algo así como os tres cuartos de lectores do blog, sen esquencer a Millán, outro penitente ilustre, que aínda me debe un mail. Pretendo manifestar aquí a conclusión a que cheguei agora mesmo. E é que existe un vínculo, ademais do estrictamente referido á amizade. O vínculo, se se me permite, é esa sana costume de traficar con material inflamable( ou debería dicir inflamábel) en forma de pequenos grandes manifestos ¿literarios? para consumo interno, e externo na medida do posible. Hoxe recibín Síndrome de Munchausen, que xenerosamente me envía Rubensiohns, dende a súa celda, nun mosteiro alonxado da civilización, laboratorio onde segue a buscar a fórmula. Se aínda non o publiquei foi debido á miña propia ineptitude diante da vida en xeral, e da informática en particular, desculpen as molestias.

Eu tamén os fustigo a eles coas historias que se me van ocorrendo, e teño que dicir que eles aguantan estoicamente. E tamén pensei que o feito de que continúe exprimindo o pouco zume que irriga as miñas neuronas é debido a eles. Cando me vexo intercambiando mails, e conspirando para aquel curto que non chega, síntome orgulloso, e coido que toda esta experiencia conxunta, escuálida experiencia, sempre paga a pena, aínda que rematemos en calquera psiquiátrico, non matemos ó neno que pelexa no interior. Deixémolo que se revolva dentro. Polo tanto, recén ingresados Michael, Rubensiohns, Rubens Vasquiat, Braisons de Garciá, Millán(Aberry e Redention tour) e un servidor, Loiccen, conde duque do Polvorín, logo deste prescindible acto litúrxico fundacional, considero inaugurado este clube dos lunáticos, selectos aristócratas do fracaso, chamados a perpetuar o anonimato ilustre polas vindeiras xeracións, garantindo así que sigan a levar as flores os mesmos merdentos de sempre, porque é que como dicía De Quincey, a fama e a abundancia imposibilitan a virtude e o proveito.


PD: "No era mal hombre, pero en el aspecto inteligencia-personalidad, dejaba bastante que desear" (extracto de Muerte entre las flores, dos irmáns Cohen). Noblesse obligue

Carlos Llamas In Memoriam


Faleceu Carlos Llamas, o periodista e locutor da Cadena Ser, que durante moitos anos conduciu "Hora 25" con temple, man e lucidez. Unha voz extraordinaria, unha voz que como di Juan Cruz, axudaba a poñer en orde a desorde diaria. A serenidade, combinada co humor, e con fundamentacións intelixentes, que non fundamentalismos, coido que axudaron, cando menos a min, a comprender un pouco mellor o que acontece na sociedade. Nun momento complexo, no que afroran os sectarismos, patriotismos varios, o conmigo ou contra min, o seu espazo axudou a combatir o dogmatismo e as proclamas baleiras, dende a intelixencia, a discusión argumentada, e certa pluralidade coa que outros medios non adornan os seus espazos(para os escépticos, só unha afirmación, a equidistancia non sempre está no medio, non vale iso de "...todos son iguais"). Hai pouco fora Eduardo Haro Tecglen o que nos abandoou para seguir sendo un neno republicano cecais noutro lugar, nese ceo que non é o dos cristiáns, senón o ceo dos recordos, que non lle pertence a ningunha relixión en particular. Agora Carlos Llamas vaise tamén, e como sempre nestes casos, semella que o mundo que queda é un pouquiño mais escuro. Ou cando menos así o sinto eu hoxe. Joaquín Sabina, na morte de Carlos Cano, o granadino que cantaba coma os anxos, afirmou ó mellor algo desacertado que:"Te fuiste Carlitos, quedando tanto hijo de puta..." Cecais excesivo, pois a ninguén se lle desexa desaparecer, pero eu entendino. E agora volto a entendelo. Para Carlos Llamas, un insigne das ondas hertzianas, o meu recordo.


Canción para hoxe:


"Tan joven y tan viejo" Joaquín Sabina

lunes, 1 de octubre de 2007

O amigo brasileiro


Xa vivín varios ceos e tumbas do deporte. Vin o meu nome no televisor de hoteis de catro estrelas dándome a benvida e tamén me tocou lavar a roupa coa que xogaba mais dunha vez. Viaxei en avións e adestrei na piscina climatizada dalgún hotel en pleno decembro, mais tamén me tocou cear de bocadillo ás portas de estacións de servicio de madrugada. Hoxe veume, coma un lóstrego, o recordo dun compañeiro brasileiro que tiven en Verín. Vivín un ano con él e con Muniz, outro brasileiro. Eran da miña idade ou un par de anos mais pequenos. Bos rapaces. Bos xogadores. Agora andan pola División de Prata os dous en Toledo e Valencia cecais. Aquel ano foi moi duro no aspecto deportivo. Lesións para os tres que vivíamos na casa, un frío antártico fóra, un pobo pequeno, un adestrador iletrado, en fin...

O caso é que con este rapaz e co outro rematamos case coma irmáns, aínda que tivemos os nosos pequenos problemas. Íamos camiñando xuntos ós adestramentos e nunha ocasión recordo que Duda, pois así se chamaba, mais eu, rematamos a ostia limpa por un lance dun partidiño. Á noite estábamos vendo a televisión xuntos. Nun primeiro momento él non vivía connosco, dado que viñera coa súa muller e coa súa filla, a quen lembro lle regalei unha bonequiña polo seu cumpreanos. O caso é que logo dun par de meses, a súa muller e a súa filla voltaron para o Brasil, fartas de aturar ó meu compañeiro e entón foi cando veu a vivir con Muniz e conmigo.

Era un rapaz complicado. Relatoume segundo collía confianza a historia da súa vida, unha historia de favelas, de nai perruqueira divorciada, de pai alcohólico, de irmán ionqui, de amigos asasinados en tiroteos e mesmo me ensinou quitándose a camiseta as marcas impresas na pel de dous balazos nas súas costas. Foi adicto ó pegamento e mais á cocaína. Dicía que liscaban da escola e ían ás vías do tren a drogarse. Dos dez mellores amigos só lle quedaban dous, os demais foran mortos polas pistolas doutros desgrazados iguais ca eles. Tamén roubou, pola puta necesidade, e contou como nunha ocasión, cando agardaba polo bus, no barrio dunha rapaza que coñecera, se lle achegaron catro rapaces e comezaron a pegarlle ata que perdeu o sentido. Pasou dous meses no hospital. Logo foi cun amigo seu e moeron a paos a un dos agresores. En fin, un rapaz que sufrira case que tódalas adversidades que pode sufrir alguén.

Era un rapaz con bo corazón pero con problemas de conducta, de nervos, que perdía fácilmente na pista e fóra dela. Bebendo perdía o sentido e mais dunha vez tíveno que separar de Muniz, o outro brasileiro, para que non remataran a golpes. Observei unha costume moi estrana nel. Cando viña para a casa, logo da festa, acostumaba comezar a golpes coas paredes da casa. Logo deitábase. Sempre insistía para que eu cociñase lasaña. Era amigo da lasaña e pouco amigo de gastar diñeiro, mais xa llo perdoei. Sempre que o lembro, ven a miña cabeza a mesma imaxe, que resume perfectamente no que pode verse un home namorado. Como xa dixen, súa muller e súa filla marcharon ós dous meses e, en Febreiro, xa pasara tempo, chegamos Muniz e eu á casa. Escoitábase dende fóra unha horrible música brasileira de amor, e a casa ficaba en silencio. Cando chegamos á porta da habitación de Duda, alí estaba o rapaz, de xeonllos ó pé do armario, chorando a mares, e agarrado a unhas toallas. "¿Qué foi, Duda, caralho?" preguntou Muniz. Mais Duda non falaba. As toallas que agarraba eran unhas nas que aparecían bordados o seu nome e o da súa muller, que xa non estaba. Escoiteino chorar toda a tarde.

Tamén pasamos bos momentos, e logo a tempada rematou e nunca mais o voltei ver. Pero onde queira que esté, envíolle unha forte aperta, porque o estrano. Dúas cancións:
"El viento trae una copla" Bersuit Bergarabat
"Stay with me" Rod Stewart & The Faces

domingo, 30 de septiembre de 2007

A lúa e os monos inmortais


Plano xeral. Barrio residencial norteamericano de luxo. Día espléndido de sol, aparece un gran xardín en pantalla e preside a escea unha mansión victoriana con grandes columnas brancas e unha bonita fonte de augas cristalinas. Plano frontal, no interior da casa. A cámara enfoca a faciana dun home duns vintedous anos elegantemente vestido, con xersei de universitario e camisa a xogo, en cores vivas en consoancia co fastuoso da decoración da casa. A voz de seu pai di, con solemnidade:
- E recorda, Preston, confiamos plenamente en ti, fillo.
Preston: - Tranquilo, papá, claro, descoida.
Primeiro plano de seu pai, que luce un esperpéntico bigote e unha grande afectación nos xestos, acompañado de súa muller, a nai de Preston, ridiculamente vestida con cores vivas e chea de maquillaxe. Semella que abandoan a casa para ir de vacacións, deixándoa ó cuidado de seu fillo. A muller só asinte compracente, secundando as palabras de seu home.

Pai:- Ah, esquencíao, Preston, e nada de festas...
Inmediatamente, irrumpen en escea dous rapaces novos cargando un bidón de cervexa.
Rapaz 1: Ei, Preston, tío, ¿onde carallo poñemos esta cervexa?
Pai:- Confiamos plenamente en tí, fillo. Xa te chamaremos.
Preston(asentindo a seu pai con xesto cínico namentres contesta ós colegas): Deixádea na cociña.
Os rapaces cruzan a escea sen ser nin observados polos pais.
Pai: Bueno, é hora de irmos, o taxi do aeroporto está a agardar na porta. Botarémoste de menos, Preston.
Entran en escea, ás costas dos pais, outros dous rapaces cargando uns altofalantes cara o salón.
Rapaz 1: Preston, ¿deixamos esto no salón?
Preston: Sí, quitade toda esa merda do salón.
Nai( case chorando): Preston, fillo, imos estranarte moito, estás tan guapo...
Preston(con gran serenidade e sen perder o sorriso): Veña, bulide, papá, vou coller o Ferrari e vou buscar unhas putas.

Apaguei o televisor. Serían perto das tres da madrugada. Achegueime á ventá e puiden observar como dous cans camiñaban tranquilos pola beirarrúa. A noite era extremadamente calma e no ceo só se vían estrelas e mais estrelas. Logo, a lúa. ¿Qué estrana atracción exerce a lúa sobre tódalas cousas? Era unha lúa enorme, branca, redonda. ¿Qué non terá presenciado ela, alí, no alto da noite? Testemuña silandeira de amores e desamores, de apertas furtivas, de bebedoiras, de miseria, de roubos, de gatos e cans que remexen no lixo, iluminando declaracións eternas de amor entregado, do amor dos adolescentes, ou do camiñar desenganado dos borrachíns, dos marxinais, dos que nin teñen. ¿Cantas mortes e novas vidas terá visto a lúa? ¿Cantos loucos e loucas a terán interrogado sobre o futuro incerto sen que ela lles dese nunca unha resposta? Ata o último dictador terá ollado a lúa e sentir que algo esquencido del mesmo seguía vivo e latexando. A lúa alónxase da Terra a razón de tres centímetros ó ano, cecais fatigada da cegueira dos homes. Seica ó mellor, noutro universo paralelo, as cousas son doutro xeito. Polo visto, os universos paralelos son a última teoría T. A teoría do todo, que explica todo o que acontece no universo. Segundo a mesma, este universo formaría parte dunha sorte de membrana formada por un número ilimitado de universos paralelos, nos que cecais, a vida está acontecendo pero doutro xeito.

Seguín ollando a lúa e lembrei aquelos estranos sonos que tivera tempo atrás nos que a lúa era xigante. Lembrei tamén aquel estrano sono dun amigo meu. O seu sono versaba de coches, mais coches especiais. Él camiñaba pola rúa en pelotas e subíase no coche de seu avó. Ía no asento de atrás, e de súpeto o cristal traseiro rompía e xusto antes de que aqueles cristais se cravasen no seu corpo, víase agora nun coche moi especial. Tratábase dun habitáculo semellante ós coches de carreiras antigos. Estreito, baixo, mínimo. Constaba dun asento dianteiro, no que collía unha persoa e outro traseiro, ó xeito dos vagóns de bobsleigh. Que o interior do coche se anunciase así no soño de meu amigo respondía a que había pouco visitara en París o museo Pompidour(Nota: o feito de que hai 4 meses escribira Pompidour é consecuencia de que me atopo mais familiarizado coas infusións Pompidour que co museo Pompidou, que é como realmente se escribe, e agora corríxoo) e nel estaba exposto un Citroen C1, o tiburón, pero o tiburón primixenio que non medía mais de dous metros de longo e noventa centímetros de ancho. Nembargantes, precisaba o meu amigo que cando saía do mesmo, o coche adquiría a apariencia dunha combi Volkswagen, desas que van a buscar á familia do protagonista dunha peli para levalos ó aeroporto, apuntei eu. Exacto, dixo meu amigo, e continuou o relato coma se nada.O detalle mais bonito deste sono foi a descripción dos elementos que conformaban o instrumental para a súa conducción. O mais sustantivo era que o coche constaba de dous volantes. Un grande, e a dereita un pequeniño que o meu amigo empregaba para aparcar. Logo, o meu amigo baixaba deste coche e o coche,só, comezaba a elevarse no medio da noite en dirección a lúa e él choraba en pelotas desconsoladamente. Non encontramos, logo de razoamentos varios, unha explicación que xustificase aquelas imaxes tan variadas. Eu pregunteille se comera carne cruda antes de se deitar, pois seica Fuselli e Coleridge, dous tipos que nunca lin, comían carne cruda para facer mais vívidas e orixinais as imaxes dos seus sonos. Canto mellor lles fora ter comido marihuana, apuntou meu colega convencido.


Serían xa as catro da madrugada e eu seguía a ollar aquela lúa tan elegante. ¿Sairá a lúa cando se están a matar dous exércitos?¿Ficarán os soldados engaiolados polo seu reflexo aínda que só sexa por un segundo, para logo continuar a se matar por nada?

Pensando no dos universos paralelos, pensei que se cadra noutro universo eu estaba a escribir un clásico da literatura e o meu nome ficaba en letras douradas. Escoitei nalgures que se barallaba a posibilidade de que si dispuxésemos dunha serie ilimitada de monos inmortais ó lado dunha ringleira infinita de máquinas de escribir, estes rematarían nun momento dado por producir as obras completas de Shakespeare. Polo visto, o experimento presentaba obvias dificultades empíricas. Algúns intentos concluiran que polo momento só se conseguira que un destes monos escribira tres follas enteiras coa letra S. Mais logo cagara por riba das mesmas.

viernes, 28 de septiembre de 2007

Un espectro arxentino


"Parte de mí no cambió, y a la vez, ya no soy el viejo Andrés, que no dormía jamás..." Así di unha das cancións do novo disco de Calamaro. Non vou negar que teño debilidade polo arxentino, porque cada un de nós temos un podio particular de triunfadores populares, e Calamaro é un dos que ocupa un lugar no meu. Non sei a estas alturas xa, o que mais me gustou da súa traxectoria, si Alta Suciedad e Honestidad Brutal, álbumes cos que mais ou menos pode haber consenso en canto a súa calidade e excelencia, si ben o segundo acada un grado maior de rock, ou se foi ese salto ó vacío posterior, ca grabación do Salmón, o álbum no que o arxentino nadou contra a corrente, cara o final do río, con 103 cancións que atendían á inmediatez, á toxicidade, á grabación compulsiva, á paranoia, ou mesmo á loucura. Como concepto, ese álbum é case que inédito na historia musical. Ninguén chegou a ese grao de suicidio comercial e caeu de pé para contalo, agás Fela Kuti, aquel nixeriano revolucionario do jazz, aquel fenómeno que fundou o seu propio Estado na súa casa, a quen o exército nixeriano lle guindou á nai e ás súas mulleres pola ventá e o torturou, pois a súa música comezaba a mover as mentes ademais das cadeiras.

O que ía, o Salmón, a viaxe río arriba, cecais inspirada un pouco en elementos icónicos da cultura mais ou menos popular, coma Apocalypsis Now, na procura do xeneral Kurtz, aquel Marlon Brando aterrador, ou a novela que inspirou a Coppola, O Corazón das Tebras, de Joseph Konrad, mesturando todo iso coa búsqueda da canción ideal. Poderá ser discutible a calidade ou o formato do álbum, mais como actitude, grabando días e noites enteiras, rodeado dos amigos, perdido nos infernos persoais, é irreprochábel. Logo diso, unha época oscura no persoal, na saúde, no musical, con experimentacións que xa nada teñen que ver coa canción ó uso, para finalmente vivir unha resurreción que abrangue dende o Cantante e Tinta Roja, dous álbumes de música popular con gurús do flamenco ata El Regreso, a volta ó Calamaro de sempre ou o menos afortunado El Palacio de las Flores, pero grabado por puro gusto co fundador do rock en castelán, Litto Nebbia. E agora, La Lengua Popular. Cecais sona superficial á primeira escoita, como acontece con Alta Suciedad, interesante á segunda, fondo á terceira e á quinta, rómpete directamente e faiche recordar que efectivamente, Calamaro cambiou algo, pero non se esquenceu de ser un vixiante ilustre da canción como melodía e como letra. Tres cortes de rock contundentes, como "Los chicos"(en homenaxe ós compañeiros de viaxe que se foron), "Sexy&Barrigón", no que di "...soy una buena combinación de Homero Simpson con Rollin´stone..." ou "La mitad del amor", un toque rockabilly de fondo e letra autoparódica, asi como unha rancheira grandiosa "De orgullo y de miedo", na tradición das mellores pezas sabinianas ou a confesión "Soy tuyo" e os toques pop que emparentan con Alta Suciedad: "Mi gin tonic", "Cinco minutos más (de minibar)", ou "Carnaval en Brasil", e o guiño ós ritmos porteños con "La espuma de las orillas" ou "Comedor piquetero" (...que Dios bendice a los humildes y a los marginales, vida paria en la burbuja inmobiliaria).

Así que como a min me gusta, pois compártoo con vós, e lembro agora aquel encontro no 98, hai nove anos, cunha sombra vestida de negro no Magüey, en Santiago, coma un lóstrego no medio da madrugada, con gafas de sol. Atopábamonos na barra e aparece Calamaro con gafas de sol, turbado, mirando para todos os sitios, achegouse xunto de Iago, un amigo meu, baixou as gafas, mirouno fixamente e logo liscou dalí. Saímos para fóra e xa non estaba. Xa fora na procura do xeneral Kurtz.

jueves, 27 de septiembre de 2007

Lennon e Atahualpa (din que foi así)





O que aquí vou referir é unha historia que tiven a ocasión de escoitarlle a un home do Perú xa entrado en anos, que descansaba nos soportais da estación de bus hai xa dous anos. Agardaba él un bus no que viña seu fillo dende Madrid, procedente do Perú, recén chegado a Europa. Eu agardaba un taxi que me regresara á casa, logo de peritar a boa saúde do San Froilán. Comezamos a falar de música e pregunteille por Atahualpa Yupanqui, o mítico folklórico (na súa mais ilustre acepción) e xa non puiden falar mais. O primeiro que me dixo foi: "Era amigo de John Lennon". Eu fiquei en silencio e rin, mais él comezou a súa historia. Preguntoume se coñecía a canción "Los ejes de mi carreta". Dixen que sí. Preguntoume se coñecía unha canción de Lennon titulada "Watching the wheels". Asentín tamén. Logo explicoume que él rexentara había case que corenta anos, primeiros setenta, unha tasquiña, mais esta só contaba cun tirador de cervexa e unhas cantas táboas mal postas, sita na zona andina, e que alí foi onde coñeceu ó Yupanqui. Explicou que polo visto este fixera unha viaxe mais, en solitario pola zona dos Andes, e que alí, nas montañas dos Andes, no medio do camiño topou cun inglés, co pelo largo, vaqueiros raídos, e mirada miope. Comezaron a falar, en inglés, pois era o Atahualpa tamén un home de mundo e foi como soubo que aquela figura adelgazada e pálida era o cantautor dos Beatles. Estou falando de que se atoparon Lennon e Atahualpa Yupanqui no mesmo medio dos (putos) Andes, ¡por favor! O caso é que, segundo relatou o cantautor ó meu amigo peruano, logo de conversar longamente o "charro" sacou a guitarra e cantoulle "Los ejes de mi carreta" (..."porque no engraso los ejes, me llaman abandonado,..., si a mí me gusta que suenen, para que los quiero engrasados...). O caso é que anos despois, Lennon publicou "Plastic ONo Band" e un dos tracks mais interesantes, baixo o meu modesto parecer, é "Watching the wheels" que di( "...I´m just sitting here watching the wheels to round and round, i love to watch them roll and roll...) e traducida (...estou aqui sentado vendo as rodas xirar e xirar, góstame velas rodar e rodar), e é aquí onde o relato cobra importancia. Polo visto, Lennon ficou engaiolado coa melodía e a letra e anotou os versos do Yupanqui. Nunca mais se viron. Os Andes borraron dende as chairas ata os mais altos cumios axudados pola paso do tempo, a brétema do esquecemento, calquera sinal que puidera lembrar dito encontro. Lennon morreu asasinado como xa é fama, e Yupanqui finou prácidamente no ano 92 en Nimes, Francia. Só quedou o relato deste peruano que eu atopei por sorte na estación de bus de Lugo aquela madrugada.




Logo espertei e observei o meu lamentábel aspecto no medio do lixo, sobre o que debera durmir unhas dúas horas. Nin rastro do peruano. Só uns que sempre veñen polo San Froilán e alegran coas súas cancións as festas. Pregunteilles e tomáronme por un louco. Dubidei de se o meu encontro fora real ou imaxinario. E camiñando para a casa, de lonxe escoitaba ós peruanos, observei aquel montón de lixo, no que sobresalía unha vella bicicleta abandoada e quedei alí, sentado na beirarrúa, ó mencer, coma hipnotizado vendo aquelas rodas, xirar e xirar...Uns borrachos que pasaban chamáronme abandonado.




Xoves, 27 de Setembro

miércoles, 26 de septiembre de 2007

O solpor dos deuses

Déixovos na compaña dun personaxe un tanto excéntrico. Hai un ano agardaba na suite dun hotel a un grupo de periodistas e, como se retrasaban, comezou a impacientarse e chimpouse dende o sétimo andar á piscina. Saiu ileso. Sen mais, outra peripecia súa:

"...Otro que necesita medicación, y con urgencia, es Charly García. El que liderara el rock argentino durante un par de décadas parece estar cada día un poco más "p'allá" y cada intervención pública (incluso algunas privadas) se convierte en escándalo. El último lo protagonizó en el segundo de sus conciertos previstos la semana pasada en la sala La Trastienda, de Buenos Aires. Bajo el nombre de Olvídate del rock nacional, García iba a tocar en un ambiente que debía reflejar el clima de un estudio de grabación, así iba a presentar Kill gill, ese disco que nunca termina de editarse pero que lleva meses circulando por la Red. En su estilo, se presentó al local ¡cuatro horas tarde! A esa hora casi no había público (lógico) pese a lo cual el artista comenzó el concierto y ya no quería bajar del escenario, pretendiendo tocar toda la noche. La seguridad del local lo bajó y todos se liaron a golpes, incluyendo a la banda de músicos chilenos que acompañaba a Charly. El representante de los chilenos aseguró que "la situación se convirtió en un serio incidente que terminó con Charly García lesionado, y retirado por personal médico que acudió al recinto". Por su lado, los responsable de la sala, aseguraban que ésta se desalojó a las 3:30 de la madrugada después de que "Charly había partido del lugar y regresado varias veces. Una vez que el escaso público que quedaba ya estaba fuera del lugar, García ingresó diciendo que iba a seguir tocando. (...) El músico revoleó varios instrumentos y ahí fue donde actuó la seguridad". Cualquiera habría comprendido que la noche siguiente no habría concierto, pero Charly García es mucho Charly García y 24 horas después allí estaba, desplazándose en una limusina, con la cara hinchada (se supone que de un golpe recibido en el incidente) y pintada de azul, rojo y blanco, frente a una Trastienda cerrada. Sólo le esperaban algunos fans y un grupo de periodistas; dirigiéndose a estos últimos les gritó: "¿Encima que me pegaron suspendieron el recital? Me pegan a mí porque tengo talento y ustedes son una manga de burros". García se marchó en su lujoso coche, pero dio la vuelta a la manzana, regresó, regaló una botella de champán a los fans y les dijo: “A este lugar, loco, lo tienen que demoler. ¡La Trastienda, un sucucho [antro]! Yo no hago denuncia, no soy un botón [delator], pero mi ejército... ¡Rompan todo!”. Los seguidores, con más sentido común que nuestro antaño admirado rockero, no rompieron nada y se limitaron a aplaudirle. Lo dicho: medicación con urgencia para Charly."

Mércores, 26 de setembro de 2007

martes, 25 de septiembre de 2007

Unha estrana tertulia

Haberá xa tres anos que aconteceu. Atopábame eu cun peculiar amigo meu, que coñezo dende a infancia, e con outros dous que atopamos por pura coincidencia nun bar. Destes dous, só direi que un sabe os diálogos enteiros das películas de Rambo, coas conseguintes dramatizacións, e o outro é un consumado guitarrista. Gosta este último de presentarse só a unha asignatura ó ano da carreira que estudia. Só se presenta se vai sacar matrícula( "la vida es corta pero ancha"). Ademais, ten un gusto moi particular de lecturas. Góstalle a filosofía china e demais. Coido que xa terán, vostedes, os lectores, un perfil. O caso é que eramos catro e fumos recorrendo diversos locais ou pubs. No primeiro atopábamonos a falar de música, pero retireime da conversa cando comezaron dous deles a falar de folk checo. No seguinte bar eu animeime e por debaixo da música comecei a explicarlle a outro un poema de Gil de Biedma co que andaba obsesionado ("que vivir y morir es el único argumento de la obra..."), non lembro como se titula. Logo, xa na rúa, e camiño doutro pub, pensei que tal vez estaba a ser unha noite curiosa. Do terceiro acompañante, o amigo da infancia, non direi nada. Só que comezou a explicarme que nos pubs podía un atopar de todo. Reuníanse alí fontaneiros, avogados, borrachuzas, iletrados, cabaleiros, mulleres formais, informais, desgrazados, vellos verdes... En fin, díxome que alí, comezaba o xogo. O xogo da seducción. Os homes mais capaces, mellor parecidos e de mais poder económico eran os que divisaban as posibilidades do local, ó igual que as mulleres, que facían o mesmo. Entón, estabrecíanse niveis e comezaba a interacción. Acontecía que mulleres e homes buscaban relacionarse con aqueles/as mais afíns en canto a condición económica, aspecto físico, etc...Pero si se daba a feliz circunstancia de que algún home ou muller conseguía establecer relación con algunha persoa das consideradas fóra do seu radio de acción, entón abríanse de par en par as posibilidades de abandoar o estadio e nivel anterior e acceder ó seguinte. As persoas do nivel superior comezaban a mostrar curiosidade polo ousado ou ousada e entón chegaban as invitacións ás copas, os guiños cómplices do dono do local, os corriños de mulleres ou homes asexantes por acercarse ó recén ascendido. Así, comezaba a funcionar a pirámide social no medio do fume, a música de pachanga ou non, o alcohol e as conversacións a berros. Era a palmadiña nas costas, que podía facer que un desgrazado, si actuaba con intuición e astucia poidera por unhas horas sentirse o rei do mundo, para logo voltar o luns á tristeza habitual.

Mais o curioso desta explicación sociolóxica, que eu escoitaba rindo a esgalla, foi cecais o lugar onde se deu. Atopábamonos na zona vella da cidade, perto dun pub, e o esquelete dunha vella casa chamou a nosa atención. Entramos, pois só conservaba as catro paredes e non tiña teito e, alí, vixiados polas estrelas, eu escoitaba ó meu colega namentres os outros dous discutían se as marcas das escaleiras naquela parede que caía a cachos correspondíanse co primeiro ou co segundo andar. Logo duns vinte minutos voltamos ó centro. Unha estrana tertulia.

Martes, 25 de setembro de 2007

lunes, 24 de septiembre de 2007

Un Dickens nas táboas (Vargas Llosa)

En agardando poder introducir os meus textos, e posto que me atopo coma un neno con zapatos novos, non me puiden resistir a comentar o artículo que apareceu onte no País, de Mario Vargas Llosa, e do que por suposto non lembro o título. Nel, o escritor chileno fala dunha faceta descoñecida de Dickens. Relata Vargas Llosa os últimos anos da vida do escritor, nos que en parte inducido polos problemas económicos e, en parte polas gañas de facelo, recorreu varios países e capitais enchendo teatros (13.000 persoas en New York e varias mazás agardando cola para entrar ó recinto) coas súas lecturas que chegarían a se converter en auténticas dramatizacións. Nelas, o autor ofrecía unha grande cantidade de voces distintas e xestos variopintos. Na preparación das actuacións dise que o escritor pechábase na súa habitación e ensaiaba durante horas diante do espello. Logo, xa no esceario, presidía o mesmo un pequeno atril roxo aterciopelado, un vaso de auga e unhas poucas uvas, por se lle secaba a gorxa. Así é que o escritor chegou a obsesionarse coas súas propias dramatizacións das súas obras ata un punto tal que mesmo desatendeu os consellos dos médicos, que nos últimos meses da súa vida lle tiñan prohibido este tipo de actividades. Persoalmente, pareceume un artículo moi interesante o de Vargas Llosa onte no País. O autor de Los cachorros ou Conversación en la Catedral é un fenómeno cando deixa un pouco de lado as consideracións políticas. E como me gustou, quixen compartilo con vós.

Onte ía un home de mediana idade pola rúa falando polo móvil, pódoo xurar e que sirva de contrapunto ó anteriormente escrito. Agarrado ó teléfono dicía: "...pero, non, home, iso non..., tí non podes facer eso, tencho que receitar un médico, non podes ti coller unhas pastillas calquera que queiras ou unhas inyeccións pós collós..." Sen comentarios. Unha boutade para finalizar.
Dixen.

domingo, 23 de septiembre de 2007

Borges por Auster

Leo no xornal un artigo de Paul Auster e nel, aínda que non o teño diante agora, fala de Borges con certo desprezo e sustenta os seus argumentos citando a Nabokov, como outro ilustre que tamén se mostraba escéptico co escritor arxentino. Di Auster que a literatura de Borges é fachada, pero que non existe nada de interese detrás. Así, chega a referirse ó arxentino coma un "escritor menor xenial". Non entendo esa tendencia de moitos escritores a catalogar, a excluir, a rexeitar a escritura doutros simplemente porque non conciben a mesma de idéntico xeito. Por outra parte, creo que non son comparables ambos perfís. Por riba, está a inevitabel barreira idiomática. Un norteamericano ou un ruso supoño que non están en condicións de apreciar en toda a súa medida a grandeza dun escritor hispano e viceversa. Non sei, noutro contexto mais próximo, vexo exactamente un pouco desa soberbia estúpida que envolve ós escritores columnistas( ou columnihilistas?), con certa propensión a catalogar, a dictar o que está ben e o que está mal, a regalarnos clarividencia, a dictar sentencia. Reverte ou Marías(Javier) son dous exemplos do que non me gusta ler cando leo algúns dos seus artículos.

En fin, vagas impresións imprecisas propias dunha xornada dominical. Mañán, comezarei a colgar os meus textos. Por hoxe, nada mais. Só un par de cancións:

"Jim Dinamita" de Burning
"De orgullo y de miedo" de Andrés Calamaro(pois non podía faltar él no meu blog)

PD: Fujimori, qué bueno qué viniste...Criminal

Unha humilde presentación

Hola e adeus ós que neste momento pechan o meu blog para non volver nunca mais. Chámome Lois, se a memoria non me engana, e inauguro hoxe este blog, no que irei referindo os meus pseudoescritos para quen goste de ler. Se non vos agradan, podedes imprimilos e empregalos como combustible para parrilladas, papel hixiénico ou para as fogueiras do San Xoán, pois algún indesexable díxome que daban bo resultado nestes usos. Ou como Groucho Marx dicía dos seus, para aboar as hortas. Asi que sen mais, despídome e posto que a miña presentación foi algo breve, e non expliquei os meus principios, que por suposto podo cambiar se non gostades deles, déixovos dúas citas roubadas mais:

"...dispuesto a todo, incluso a defraudarte..." A vuelta de correo, Joaquín Sabina
"Estaba en llamas cuando me acosté" Charly García, do seu álbum Demoliendo Hoteles

PD: Xa estou dubidando da decisión de crear o meu blog, en fin...