martes, 18 de diciembre de 2007

Un Ceide de Ouro(Premio Rodríguez Figueiredo)



O sábado foi elixido gañador do Premio Nacional de Narracións Curtas Rodríguez Figueiredo, Rubén Ceide, polo seu texto "A caixa da costureira". Ós que gañamos con anterioridade o premio da súa amizade, alédanos e fainos ilusión que así fora, e estamos certos de que non será o único premio, nin o último; e, dalgunha forma, confirma a impresión que teño del e dalgún amigo mais en común que temos por aí: que o talento non sempre viaxa pola autopista. Sempre houbo grandes Cadillacs viaxando por estradas secundarias, e hoxe brindo porque dalgún xeito, e estou certo que así será, un Cadillac de primeira, ou moito mais que iso, un ESCRITOR dos pés á cabeza como Rubén Ceide, colla unha autopista e bo asfalto, e a xente se poida sorprender e admirar ó ver o rastro das rodas douradas no firme e o arrecendo do seu combustible, que non é outro que o TALENTO. E logo poidamos aplaudir, admirados, como o neno que busca sen atopalo o segredo da chisteira do MAGO. E agora vexo que tiña mais razón aínda cando dixo que non matásemos ó neno que levábamos dentro, que o deixásemos vivir...un pouco mais. Por todo, señor Ceide, sexa moi feliz, e non mate ó neno que leva dentro, a ilusión. Adiante. Adiante.
E ,por suposto, o Ceide ignorou os consellos dalgún infeliz inglés para acadar o éxito, que cun pequeno sorriso, reproducimos:

"O bardo que triunfe debe levar sempre un caderno,

anotar os seus pensamentos en prosa e vestir un pano púrpura, cunha mirada sempre distante,

e unha cabeza de pelo aireado coma un hexámetro.

Pensa con lixeireza e engordarás,

se levas o pelo longo non precisarás sombreiro"



Amizade 10.
http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pRef=3206_16_186618__Ourense-Ruben-Ceide-premio-Modesto-Rodriguez-Figueiredo





Para o protagonista da súa propia historia, para o Ceide,"...la gente dice que estoy loco, haciendo lo que hago, yo prefiero seguir mirando girar las ruedas...":http://es.youtube.com/watch?v=RY_xY_Q-kQE

2 comentarios:

atónito dijo...

Parabéns para o escritor laureado cun premio dos máis prestixiosos de Galicia.

Espero, non obstante, polo ben do noso escritor que, en contra dos bos desexos de Lois, nunca circule o seu Cadillac por ningunha autoestrada.

Escribir ten que ser unha loita de suór e sangue. E o que se meta nela débeo saber.

Parabéns, asi e todo.

Anónimo dijo...

Amigo Lois:
Sigo circunstancialmente neste palco VIP, facendo malabarismos para non caer de fuciños na grada preferente, ese lugar cotidiano pero cheo de bos amigos que quizais me corresponda.
O auténtico premio non existe: todo consiste no apoio incondicional deses aristócratas do fracaso que día a día me demostrades que, con cadillac ou sen el, estades aí.
Gracias de corazón e síntete partícipe do anaco de premio que che toca (unha porción considerable)
Sinceramente,

Rubén Ceide
Lector diario do blog.