viernes, 5 de junio de 2009

O inspector Buceta: a misteriosa morte do depravado nº 3


No ano 2007, A Boca da Noite, programa radiofónico da Radio galega, dirixido por Quico Cadaval, remataba as súas emisións no mes de maio. O Cadaval, naquel último programa, radiou esta modesta historia que, por ser miña, cedo a Escritos Urxentes para que sexa colgada; é dicir, cólloa do meu arquivo e publícoa eu. Un saúdo ao Monsieur Cadaval, onde queira que se atope.



Inspector Buceta: a misteriosa morte do depravado nº 3

O inspector Buceta incorporouse tapando o nariz e ollando arrepiado o aspecto daquel home, que descansaba comodamente deitado coa cabeza aberta riba da beirarrúa. A luz da lúa, silandeira, xogaba coas casas suburbanas, e algunha moza, soñadora ou alertada polas sereas mecánicas do coche-patrulla asomaba á ventá e ollaba co pulso acelerado a escea do crime e aquela cabeza chea de sangue fumeante. O Buceta pensou na tristura das ambulancias nas noites fermosas de verán, e non tivo pena daquel pobre diaño, sen dúbida asasinado e precipitado á morte por mor dalgún axuste de contas. Prendeu un cigarriño, e nunha mirada perfeitamente estudiada namorou a aquela rapaza que ollaba dende a ventá.Chamade ós da morgue, díxolle ó Facal, o seu axudante. Namentres, pola radio do coche alertaban dun estrano e misterioso suceso dúas mazás mais atrás. Quedaba preto dalí. Axiña, teño un presentimento. No coche, Facal e o inspector Buceta divagaban sobre aquela sórdida concatenación de asasinatos sen resolver: os dous representantes de fármacos que se tiraran pola ventá dende a consulta dun psiquiatra tamén morto, un ancián de Parga asasinado no medio do esterco e por riba, a desaparición dunha interminábel serie de persoeiros ilustres da literatura, mesmo a morte en estranas circunstancias dun escritor tiroteado na Alameda, que reclamara para sí o Día das Letras Galegas, fixera que as tertulias radiofónicas e televisivas, mesmo os artigos dos periódicos foran ocupados polos principais periodistas deportivos do país, e que estaban sumindo o país nun entroido surrealista, mais aínda.

Logo chegaron, baixaron co pulso acelerado do coche e accederon á zona precintada pola policía. Ningún dos oficiais fora quén de entrares no lugar do presunto crime, mais unha cheirume tétrica, lonxanamente familiar, invadíao todo. O inmobre era un vello edificio de cinco prantas, de liñas sobrias, escuro, pero sobre todo, aterrador, pois ese era o efecto que o inspector Buceta sentiu no momento en que o ollou, sabéndose diante dun momento crucial da súa existencia. Ollou a porta da entrada, díxolle a Facal que agardase alí, sacou a súa arma, que por suposto ía cargada, e adentrouse na escuridade na compaña da lanterna. O cheiro procedía, contra o que procedía pensar, da pranta baixa. Unha porta de madeira entreaberta regateaba un fío de luz e Buceta, abríndoa por completo, entrou de vagar, vixiante, preparado para disparar. Unhas escaleiras estreitas e podres ofrecían a única opción de baixar ou ficar alí, no recibidor. O inspector decidiu baixar levando un pano ó nariz, pois o cheiro era cada vez mais insoportable. Descendeu e lembrouse daquela rapaza que ollaba dende a ventá había quince minutos, e pensou que tal vez fora mellor idea ter tentado á sorte, dicirlle un par de frases inolvidables e ver como ela deixaba caer a bata e ficaba espida ao tempo que se borraba da ventá. Logo o Buceta subiría as escaleiras do edificio, febril, chegaría á porta e comprobaría que a porta estaba aberta, mais coa cadea posta. Polo pequeno recuncho anunciábase de súpeto a rapaza e dicía que se tanto desexaba entrar , tería que derrubar a porta, e logo perdíase espida polo corredor do piso, anunciando verbena cun andar insinuante. O Buceta pensou que non dubidaría en dar dous pasos atrás e logo en diante e destrozar a porta, a cadea coma un animal, botar a correr por aquel piso descoñecido na procura da rapaza e logo entregarse os dous á loucura sexual, coma dous sordomudos en tanto que o mundo ardía, ou se afundía na última guerra dos tempos para desaparecer.

O inspector voltou en sí e pensou que todo aquelo non ía poder ser si primeiro non resolvía aquel caso, saíndo por suposto, polo seu propio pé daquel sórdido lugar, demoníaco. Pensou que había moita diferencia entre saír dun edificio polo teu propio pé, coas dedas mirando á fronte, que saír coas puntas dos pés inmóviles e ollando cara o teito, en decúbito horizontal, co xuez de paz diante dos camilleiros. Así que chegou á pranta baixa e o que alí viu fixo que a náusea, a túa, a miña ou a de calquera Camus percorrera a súa anatomía. Un corredor infinito, que se perdía na escuridade, dividía a estancia nun espazo descomunal, enorme. Calculou polo pronto, centos, cecais miles de habitacións a un e outro lado daquela sorte de camiño infernal. Estranos ruídos adornaban aquel horror, mais o inspector Buceta comezou a andar. As paredes estaban cheas de frases inintelixibles, se cadra pensamentos inconexos, cunha tinta roxa que o inspector xulgou sangue. O teito estaba tamén escrito. Ollou as dúas primeiras habitacións, a un e outro lado, e berrou aturdido. As sucesivas habitacións, acollían os corpos lobotomizados do Borges, do Cortázar, do Dante, do Séneca,do Homero, do Hipócrates, do Cirlote, do Kundera, do Cunqueiro, do Castelao, dos rockeiros dos setenta, senón réplicas exactas, ficaban pendurados do teito, e equipos informáticos, funcionando, semellaban recoller a inédita actividade mental daqueles mortos. A samba, a bossa nova, o folk, os solos imposibles do Charlie Parker, toda a música mediterránea, os ritmos africanos, o blues, mesturábanse e soaban cada vez con mais forza facendo que aquelo causase case que a loucura na mente do inspector. Continuou camiñando, fregando os ollos coas mans para comprobar que non fosen delirios. Caíanlle as bágoas e sostiña con forza a pistola. Milleiros de libros, escritos literarios, teatrais, anecdotarios, amontoábanse naquel lugar, sen dúbida o mesmo inferno. Miles de mulleres de tódalas idades corrían espidas ou non e desaparecían por detrás de cortiñas que logo viraban fantasía deixando de ser realidade. Helenio Herrera, Coubertain, Kurt Cobain, historias do tango, noites que semellaban días nun mesmo segundo, o inspector puido ver en direito o seu propio enterro, e logo nacía, mais nada era seguro, todo era ilusión. De súpeto, naquel baño de irrealidade, o silencio chegou e a luz liscou. Viu unha mesa, cunha pequena luz. Achegouse e de súpeto viu unha ventá. Mirou por ela e puido ver dous homes mortos con sendas etiquetas cravadas no peito. Leu: “Augusto”, “Albanés”. Escoitou, procedente do corredor, unha voz perdida que falaba sen sentido: “Síntoo, albanés, augusto, …pobres guerreiros, nada ten sentido xa, por qué, por qué, por qué!!!!!” Logo a voz calou. O inspector Buceta achegouse á pantalla do ordenador que misteriosamente aparecera riba da mesa e leu algo que o deixou mudo:”…o inspector Buceta tremía e ollaba a pantalla do ordenador, decatándose de que a historia que estaba a ler eran os sucesos que aconteceran na súa vida durante a última hora. De súpeto, sentiu unha pistola na cabeza. Era o depravado nº 3, naquela sorte de inferno mental. Disparou, pero en tanto que a bala se alonxaba na cabeza do inspector…”

O inspector Buceta tivo o tempo xusto para reaccionar antes da última viaxe, ollou a faciana daquel pobre diaño, o autoproclamado depravado nº 3 e disparou. Os dous caían paseniño polo aire cheirento daquel lugar na procura do chan, e mesmo se adicaron un sorriso, antes de abrir a cabeza e desaparecer para sempre.

Abriu os ollos e reaccionou. O onirista Martínez mirou a monsieur Cadaval, que agardaba o veredicto daquela misteriosa visión onírica que un ouvinte tiña enviado naquel preciso momento. Logo todo acabou. A Boca abriuse máis e máis e logo aquela rapaza e eu perdímonos na noite. Unha noite escura, húmida, e quente.

P.D.: Escóitese ao tempo que se lé. http://www.youtube.com/watch?v=OE9MssyhWrM

4 comentarios:

Rainer Bonnhoff dijo...

Esta carta nunca a cheguei a mandar e que saiu en castelán.

Querida amiga;


Siento no haber podido hacer presentes para usted aquellos recuerdos oníricos que le prometí en mi última carta. Consciente soy de que ello supone una actitud poco caballeresca por mi parte hacia su persona. No menos puedo que postrarme a sus pies e implorar que perdone a este su humilde servidor que no ha hecho más que socabar su confianza y afecto; siempre y cuando estos aún alumbren su bello interior.


No debiera, pero invocaré los dulces y químicos recuerdos de nuestras paseos por la brükenstrasse acompañando la llegada del amanecer . Lo haré para comunicarle de que parto lejos de aqui y de usted. Le diré además que la conjura de necios a la que me veo sometido a diario a dejado mi ya poco abundante paciencia hundida, como se unde un biplano inglés de la Royal Navy Air Services ante el paso de la Königlich Preußische Jagdstaffel Nr. 1 de mis queridos hermanos Manfred y Lothar Von Richthofen. Dejo este país de necios imposibles de civilizar. Vuelvo con un pequeño permiso a Breslau, haré pruebas de vuelo con ellos al nuevo Fokker VII que tanta falta nos hace para acabar esta maldita guerra .

Chaulnes 10 de Enero de 1918.

Siempre tuyo;
Erich Loewenhardt

Ulises Lima dijo...

Ben, señor "Erich Loewenhardt", prácenos recibir a súa carta, se ben nos gustaría que afondase nas súas circunstancias para facernos partícipes dunha historia que inntuímos apaixoante.

Atentamente seu, Ulises.

Rainer Bonnhoff dijo...

Curioso. O venres pasado explicaronme o que é unha buceta.
Unha caste de bote tradicional, propio da ría de Muros. Embarcación de baixura empregada para a pesca con diferentes artes, dunha forma ovalada. Lembrei cando ao voltar de Corcubión unicamente pintaba barcos, lembrei que polo menos sabía que carallo botaba de menos, que me faltaba.

Ulises Lima dijo...

En efecto, camarada Bonnhoff, bo apuntamento. Aos meus oídos chegaron outras acepcións igualmente curiosas, neste caso procedentes de brasileiros cos que me crucei na miña vida. É segundo eles a buceta, que pronuncian moi suave algo así coma "busseta", o órgano reproductor feminino, o que dun punto de vista coloquial pero correcto segundo os libros, a mítica cona. Entón enfíemos unha bonita metáfora case que imposíbel, pero correcta dende o punto de vista metafórico, subidos nunha buceta, cruzar os mares do inferno nesa buceta para conquistar outra buceta(busseta)...