jueves, 31 de enero de 2008

Retrato dun caníbal(son moitos)


O escritor número 1 ten vinte anos. Un bo día decide escribir un breve relato dunhas tres páxinas, sobre a súa concepción da vida, os seus gustos, as súas apetencias, e tamén unha historia de amor. Logo gárdaa nun caixón, e por cousas da vida, traslada a súa residencia a Nova Iorque durante vinte anos, voltando de cando en vez para ver á familia e recoller lisonxas e premios. Un bo día, cando conta cincuenta anos, revisa a súa traxectoria persoal e literaria namentres o avión no que viaxa atravesa o Atlántico, de volta no país. Cando chega á súa vella casa, e inspirado polos pensamentos do avión, decide escribir un artigo no que conte a súa concepción da vida, os seus gustos, apetencias, e unha historia de amor. Síntese cómodo esa tarde, inspirado. Logo escribe tres páxinas sen demasiada dificuldade. De súpeto, sinte que aquelo xa o viu nalgures. Rapidamente, érguese da cadeira do seu vello despacho, que non pisaba dende había anos, e de súpeto, sin saber porqué, abre un caixón detrás doutro. Ve uns vellos papeis e sinte frío e suor nas costas. Comeza a ler o seu contido, e sinte vértigo. É exactamente o mesmo que escribira hai trinta anos. Pensa que nada daquelo ten sentido e o nervosismo instálase no seu corpo, comeza a falar só. Logo sae rindo ao xardín da vella casa, entra nun pequeno alpendre e dun vello arcón, saca unha escopeta de caza de seu avó. Pégase un tiro. Morre pensando en que todo o que fixo non era mais que un exercicio reiterativo. Isto pénsao moi rápido porque morre ao momento. Acabouse a historia do escritor número 1.




O escritor número 2 camiña polas rúas da cidade, abraiado, estupefacto, ingrávido, logo de ler o xornal. O famoso e idolatrado escritor número 1, a inspiración da súa vida, suicidouse cunha escopeta de caza; atopou a policía seis páxinas manuscritas, iguais tres a tres, con lixeirísimas variacións unhas respecto das outras, nembargantes as súas datas, segundo obra nos papeis correspóndense con períodos de tempo distintos, distan trinta anos a unha da outra. O escritor número 2 pensa que cecais todo se debera ao feito de que o escritor morto chegara á conclusión de que a escritura é un sinxelo acto de repetición, e isto é cruel, pensa.




O escritor número 2 atópase pola rúa co escritor número 3, ao que lle refire a sorprendente e impactante historia do escritor número 1. O escritor número 3 quita o sombreiro da testa abraiado e seca o suor, logo de escoitar a historia. Pregúntalle ao escritor número 2 que pensa facer. "Escribirei unha grande historia sobre a vida e a morte do escritor número 1". Logo despídense. Pouco mais tarde, por desgrazas inoportunas desta vida, o escritor número 2, cando camiñaba coa metade da súa grande obra baixo o brazo, é esmagado por un piano branco, que sin ás voou lixeiramente dende un cuarto piso dun hotel. O escritor número 2, en xesto de irmandade coas tecras brancas e negras do instrumento desfeito, descansa tranquilamente sobre a beirarrúa, en tanto que os papeis da súa grande obra sobre o escritor número 1 voan polo aire desa mañá de outono.




É noite. O escritor número 3 comenta coa súa muller o desgrazado incidente da morte do escritor número 2. Choran e a dona do escritor número 3, abrazando ao seu home, pregúntalle que vai facer agora. O home, coas bágoas na faciana, están na cama e xa é tarde, resposta: "Escribirei unha grande obra sobre a vida e morte do escritor número dous.Iso farei" Logo...nada mais.

sábado, 26 de enero de 2008

Roberto Bolaño (In Memoriam): sen mais


Clarín, 25.03.2001
ROBERTO BOLAÑOUn narrador en la intimidad En este texto exclusivo, el narrador chileno muestra los secretos de su escritura con humor desopilante. Un tono irreverente que vuelve a aparecer en "Nocturno de Chile", la última novela que acaba de publicar Anagrama.
ROBERTO BOLAÑO
Mi cocina literaria es, a menudo, una pieza vacía en donde ni siquiera hay ventanas. A mí me gustaría, por supuesto, que hubiera algo, una lámpara, algunos libros, un ligero aroma de valentía, pero la verdad es que no hay nada.A veces, sin embargo, cuando soy víctima de irrefrenables ataques de optimismo (que finalizan, por otra parte, en alergias espantosas) mi cocina literaria se transforma en un castillo medieval (con cocina) o en un departamento en Nueva York (con cocina y vistas de privilegio) o en una ruca en los faldeos cordilleranos (sin cocina, pero con una fogata). Metido en estos trances generalmente hago lo que hace toda la gente: pierdo el equilibrio y pienso que soy inmortal. No quiero decir inmortal literariamente hablando, pues esto sólo lo puede pensar un imbécil y a tanto no llego, sino literalmente inmortal, como los perros y los niños y los buenos ciudadanos que aún no se han enfermado. Por suerte, o por desgracia, todo ataque de optimismo tiene un principio y un final. Si no tuviera final, el ataque de optimismo se convertiría en vocación política. O en mensaje religioso. Y de ahí a sepultar libros (prefiero no decir "quemarlos" porque sería exagerar) hay un solo paso. Lo cierto es que, al menos en mi caso, los ataques de optimismo se acaban, y con ellos se acaba la cocina literaria, se desvanece en el aire la cocina literaria, y sólo quedo yo, convaleciente, y un ligerísimo aroma de ollas sucias, platos mal rebañados, salsas podridas.La cocina literaria, me digo a veces, es una cuestión de gusto, es decir es un campo en donde la memoria y la ética (o la moral, si se me permite usar esta palabra) juegan un juego cuyas reglas desconozco. El talento y la excelencia contemplan, absortas, el juego, pero no participan. La audacia y el valor sí participan, pero sólo en momentos puntuales, lo que equivale a decir que no participan en exceso. El sufrimiento participa, el dolor participa, la muerte participa, pero con la condición de que jueguen riéndose. Digamos, como un detalle inexcusable de cortesía.Mucho más importante que la cocina literaria es la biblioteca literaria (valga la redundancia). Una biblioteca es mucho más cómoda que una cocina. Una biblioteca se asemeja a una iglesia mientras que una cocina cada día se asemeja más a una morgue. Leer, lo dijo Gil de Biedma, es más natural que escribir. Yo añadiría, pese a la redundancia, que también es mucho más sano, digan lo que digan los oftalmólogos. De hecho, la literatura es una larga lucha de redundancia en redundancia, hasta la redundancia final.Si tuviera que escoger una cocina literaria para instalarme allí durante una semana, escogería la de una escritora, con la salvedad de que esa escritora no fuera chilena. Viviría muy a gusto en la cocina de Silvina Ocampo, en la de Alejandra Pizarnik, en la de la novelista y poeta mexicana Carmen Boullosa, en la de Simone de Beauvoir. Entre otras razones, porque son cocinas que están más limpias.Algunas noches sueño con mi cocina literaria. Es enorme, como tres estadios de fútbol, con techos abovedados y mesas interminables en donde se amontonan todos los seres vivos de la tierra, los extinguidos y los que dentro de no mucho se extinguirán, iluminada de forma heterodoxa, en algunas zonas con reflectores antiaéreos y en otras con teas, y por supuesto no faltan zonas oscuras en donde solamente se vislumbran sombras anhelantes o amenazantes, y grandes pantallas en las cuales se observan, con el rabillo del ojo, películas mudas o exposiciones de fotos, y en el sueño, o en la pesadilla, yo me paseo por mi cocina literaria y a veces enciendo un fogón y me preparo un huevo frito, incluso a veces una tostada. Y después me despierto con una enorme sensación de cansancio.No sé lo que se debe hacer en una cocina literaria, pero sí sé lo que no se debe hacer. No se debe plagiar. El plagiario merece que lo cuelguen en la plaza pública. Esto lo dijo Swift, y Swift, como todos sabemos, tenía más razón que un santo.Así que este punto queda claro: no se debe plagiar, a menos que desees que te cuelguen de la plaza pública. Aunque a los plagiarios, hoy en día, no los cuelgan. Por el contrario, reciben becas, premios, cargos públicos, y, en el mejor de los casos, se convierten en best-sellers y líderes de opinión. Qué término más extraño y feo: líder de opinión. Supongo que significará lo mismo que pastor de rebaño, o guía espiritual de los esclavos, o poeta nacional, o padre de la patria, o madre de la patria, o tío político de la patria.En mi cocina literaria ideal vive un guerrero, al que algunas voces (voces sin cuerpo ni sombra) llaman escritor. Este guerrero está siempre luchando. Sabe que al final, haga lo que haga, será derrotado. Sin embargo recorre la cocina literaria, que es de cemento, y se enfrenta a su oponente sin dar ni pedir cuartel.

Encontrado en: http://old.clarin.com/suplementos/cultura/2001/03/25/u-00301.htm

jueves, 17 de enero de 2008

Dolce Jovita


" Y nada temí más, que mis propios cuidados" Góngora


A semana pasada faleceu a Jovita. Isto, así dito, é para moitos como dicir: "Morreu crista". Concedo a estupefacción.A Jovita, no inconsciente colectivo, é algo así como unha dealer da terceira idade. O contacto subversivo interxeracional. A Jovita, dende a súa modesta tendiña, sita na Ronda da Muralla á altura da Porta de Santiago, na beirarrúa contraria, uns metros mais arriba, preto do Casa Rivas, abasteceu á sedenta concurrencia moza e non tan moza. Non había posibilidade de erro. Jovita, recibía habitualmente á clientela na súa bata azul, nas súas zapatillas de andar pola casa, e alí, entre berzas, cola-cao, chourizos, ovos, leitugas, café, todo elo mal iluminado, e aínda que aquí tería que vir a parte melancólica, non será nesta acta onde caigamos na melancolía, dado que nin considero que o local tivese encanto algún, mais ben todo o contrario, nin a propia Jovita tiña un encanto especial; mais ben semellaba, humildemente para min, unha anciá preocupada polos cartos, mais que por outra cousa. En todo caso era moi habitual recurrir á pequena tenda para poder encher o tanque cos amigos: ron, güisqui, refrescos, e cecais algo de comer si ese era o desexo. A Jovita ben puido significar involuntariamente, un símbolo de resistencia ao capital foráneo (véxase Carrefour), e combateu cos seus horarios escravos ós horarios escravos do Carrefour, que dalgún xeito, e con carácter inédito, comezaron a escravizar aos traballadores e consumidores da nosa cidade, pois quen abría antes ata esas horas? Nin Deus. E para os que dubiden desta última afirmación, Deus tampouco. Calquera o pode comprobar. Abondará con achegarse ata calquera porta automática dun centro comercial. Si Deus estivera en todas partes, si fora ubicuo, as portas automáticas dos centros comerciais ficarían sempre abertas. Isto sabemos que non é así. Velaquí un feito incontestable da inexistencia de Deus, según algúns. Mais voltando á Jovita, que dicir...aló foi. Durante algúns anos, aquel ultramarinos foi unha sorte de reducto para persoaxes de calquera estirpe, case que sempre de natureza incerta, diversa, marxinal tamén. Nunha ocasión, foramos mercar unhas botellas de auga mineral, por exemplo, non lembro ben agora, e observamos que as bombonas que había a un lado do mostrador estaban encadeadas. Intrigados, preguntámoslle á Jovita a razón, e ela contounos que un ionqui entrara e pedíralle limóns. En tanto a Jovita ía polos limóns, aló foi o ionqui: colleu a bombona como puido, e botou a correr. Seica a Jovita intentou collelo antes de que abandoara o local, pero non puido, mesmo sufriu unha caída na súa persecución. O ionqui escapou coa bombona, e a Jovita, derrotada, tirou a toalla naquel inédito ring da Ronda da Muralla. Dende aquela, encadeaba as bombonas do gas, que a rouben agora, dicía. Uns amigos meus tiveron alugado un piso preto da Jovita, e con estricta disciplina adornaban a cociña do piso coas botellas vacías de ron que a Jovita vendía. Imaxino as botellas de ron pasando polos ollos da Jovita, transformadas en pesetas. E agora, logo de tantos anos, traballando a reo día e noite, pois abría de madrugada, abría os domingos, agora, a Jovita abandoou este mundo. E con ela, co seu ultramarinos, péchanse tamén as portas dalgunhas lembranzas que nada teñen que ver con ela, pero sí cos anos nos que as rúas sempre estaban por descubrir, molladas, tódolos pubs pechaban demasiado cedo, e a sede vencía ó sono, e os sonos vencían ás certezas, á certeza.

sábado, 12 de enero de 2008

Ladrillo salvaxe


Ladrillo Salvaxe é do barrio onde viven meus avós, e hai moito tempo que non o vexo. Ben, minto. A última vez que o vin sería este verán. Eu estaba sentado nunha terraza, ía calor de Xullo. De súpeto, vino ao lonxe, saíndo dun banco. Ía mal vestido, coa expresión cansa. Falaba por un móvil. Logo cun tipo de traxe que o agardaba no medio da praza. Eu, sorprendido, lembreino noutra época. Coñecino sendo eu neno. Él era un rapaz novo, emprendedor, digamos que coa mestura de insolencia, atrevemento e ignorancia que todos posuímos cando aínda non temos conciencia da magnitude da vida. Non digo que agora a teña, pero sí un pouco mais, para algo tiña que valer o paso do tempo. Eu coñecín a Ladrillo Salvaxe. Un home de rasgos moi marcados, cunha expresión delatora, en termos elementais. Así que vin como este home emprendía o ascenso cara un deses cumios que non existen. Logros laborais, mellora da condición económica, unha familia, etcétera; se nos atopáramos nunha película americana soaría así: "e así foi como o novo Jack, con esforzo e ousadía, fíxose un home de proveito. En pouco tempo foi coñecido na cidade, e xurdían novos amigos e toda clase de persoas dispostas a compartir esa ascensión baixo o seu cobertor mesiánico...ata que un día..." Ben, dende aquí continuarei eu. Son recurrentes nos filmes de calquera nacionalidade as argumentacións arredor do mito da ascensión e da caída. Véñenme a cabeza esceas que presenciei. Evitarei, por respeto, caer no sensacionalismo ou na morbidez, pero o caso é que a traxectoria de Ladrillo Salvaxe era meteórica. En certos círculos escoitaba falar eu que si Ladrillo Salvaxe isto, que si Ladrillo Salvaxe o outro, e é un deses casos que aínda que non saibas a causa, ou sí, mellor dito sí, sabes que antes ou despois rematará mal. A causa atópase nos contos infantís, nas películas de Scorsese, en Mario Alberto Kempes, nas frases con mensaxe que escoitas dende cativo. Así que primeiro presenciei como Ladrillo Salvaxe abandoaba a categoría na que nacera, presenciei como se rodeaba de inéditas amizades que enredaban arredor del, o termo exacto sería mais ben lambecús ou triunfadores século vinte e un. Decidido, crecido, Ladrillo Salvaxe emancipouse dos contactos que facilitaran en parte o seu ascenso cara o Parnaso: o Parnaso neste caso é unha chea de millóns na conta, e logo o clásico dupricado, pois no concepto de dobre reside para moitos a felicidade: dúas casas, dous coches, dous traxes, dúas televisións, dúas empresas, dúas mulleres, e logo deste estadio camiñas cara o concepto de triple, e así ata chegar ó cumio. Por certo, dixen que non existía?


Comezou a sair nos periódicos, cada vez mais elegante, cada vez mais popular, pero de súpeto, ou pouco a pouco, a súa estrela trocou. Digamos que aconteceu o que na canción de Sinatra: "That´s life, that´s life, you´re high on April and shot down on May", ata chegar ó momento actual, cando cunha mestura de sorpresa, estupor, preocupación( preocupación en tanto que o coñecín, e ninguén se pode aledar de cousas así), recibo a noticia de que Ladrillo Salvaxe, logo de botar unha época fóra destas terras, dinme que se atopa nun centro hospitalario restablecéndose dunha malleira. Axustes de contas. E eu fico perplexo ollando a rúa, e penso nas voltas que da a vida, e preocupado, dentro da lóxica, por cumplir coa miña hipoteca. E penso tamén en tódolos fillos de puta que lle andaban lambendo o cú, e pregúntome onde están agora que a vida lle botou unhas cartas mal dadas. E cando oio falar do asunto, penso en silencio: Eu coñecín a Ladrillo Salvaxe.

jueves, 10 de enero de 2008

O autobús suicida(soñado onte pola noite)


Como xa reflexei algunha vez neste foro, neste blogue(termo cortesía do señor Meiriño, para mais señas, abondará con entrar nunha libreiría e elexir Chuvia Mansa ou Xeada Negra, da colección Manolo Meiriño, editorial Tris Tram),aínda que tamén o utiliza moito un descoñecido no seu blog http://www.olladasmiudas.blogspot.com/ , polo visto e referido polo señor Thomas de Quincey, que apareceu neste espazo hai uns días, a carne crúa era inxerida por algúns poetas ingleses do século dezaoito ou dezanove, tamén italianos(Fuselli), para facer mais vívidos os seus soños. A este respecto engadía o xenial De Quincey que "canto mellor lles iría, tendo inxerido opio.." do que o señor De Quincey foi un tráxico pero namorado consumidor. Ben, isto serve para enmarcar o feito acontecido onte pola noite. Engado que non inxerín, nin carne crúa, nin opio, tan só un memorable plato de arroz de Calasparra con polo, setas e xamón. Logo acosteime, pero cecais algunha seta malvada, colocada entre as demais nunha inocente bandexa de carácter comercial, obrou o pesadelo posterior: eu viaxaba co meu equipo nun autobús, era de noite, non sabería precisar o lugar, cecais algunha rúa se asemellaba á vila de A Estrada, ou cecais Ribadeo, non o sei, recordos difusos. O caso é que ía no autobús, na zona do medio do mesmo, ía comodamente recostado, coas pernas pousadas no asento de diante, sen falar. De súpeto, todo se complicaba, porque a alarma xurdía entre os meus compañeiros. O conductor enredara en acelerar o autobús e entón eu comezaba a ter medo. Os compañeiros dicían: "Xa vai a cento oitenta!!", o cal eu considerei unha temeridade, en pleno centro urbán. Logo dicían: "Xa vai a douscentos!!". O bus movíase moito, eu agarrábame con forza ós asentos pensando no peor, os meus compañeiros voaban polo pasillo, por riba de min, levaban golpes épicos coas cabezas contra o teito, contra os asentos, só eu resistía no meu lugar, e o fillo de puta do conductor no seu. Miraba polo cristal e só vía as rúas voar, mirei cara diante e observei que nos íamos estrelar contra un muro que protexía un campo de fútbol(logo conectei esta imaxe cun suceso estremecedor que presenciei na miña infancia, cando acompañaba a meu pai a un torneo de verán a Vilalba. De camiño, observamos un accidente na estrada: un coche saira da mesma e voara aproximadamente vinte ou trinta metros, atravesando unha leira e deténdose contra un muro dunha casa, obedecendo estrictamente ás leis fundamentais da física. Tratábase dun Lancia Delta Integrale, propiedade dun coñecido de meu pai, logo souben que era o terceiro que esnaquizaba, e que o propietario xa fora evacuado cara o hospital, en Lugo. Cando chegamos ó pavillón onde se desputaba o torneo, os compañeiros do accidentado, incluído seu irmán falaban entre eles, e eu quedei acolloado cun dos comentarios dun dos compañeiros ó irmán da víctima:"Agora estás en Vilalba, teu irmán está no hospital, o partido comeza en dez minutos, agora tampouco che paga a pena voltar para Lugo, xa foi, joder, agora fica aquí, xogamos e logo xa arrancamos para Lugo...", e claro, eu, que non contaría mais de oito anos, decidín que aquilo non era correcto. Non debes xogar un partido en Vilalba se teu irmán voou trinta metros polo aire, atravesou unha leira e esnaquizou un Lancia Delta(roxo) contra un muro, porque a hostia tivo que ser, ó igual que os voos dos meus compañeiros no bus do soño, digo que a hostia tivo que ser épica. Voltando ó soño, dicía que íamos estrelarnos contra o muro do campo de fútbol, pero, de xeito incrible, voábamos por riba del, e caíamos no campo atravesando a línea medular, destrozando o valado e pasando para a outra beira. Saíamos do campo, o bus aterraba novamente nas rúas de A Estrada, ou onde fora, e eu conseguía reunir valor, atravesaba o pasillo do bus e propináballe unha labazada ó conductor que se resistía a abandoar o seu posto de piloto suicida, ataviado coa súa camisiña azul da Empresa Monforte e un bigote. Estaba gordo e ollábame con rabia. Logo o bus detívose. Baixamos todos aliviados, pero eu observaba que o míster e un dos xuvenís estaban a pelexarse e o xuvenil, cos ollos feitos un desastre dos golpes recibidos, dicía: "As cousas non son así", e collían a froita do maleteiro coma noutra viaxe calquera. Eu ollaba ó conductor, e él ollando o chan, coma arrepentido, dicía: "Non o entendo, fóiseme das mans, ¿e mais ou menos, a qué hora rematades o partido, para calcular eu, e así aproveito e dou unha voltiña por aí, non sabes?"

martes, 8 de enero de 2008

Minuto de silencio


O minuto de silencio exerce no ámbito deportivo a función do loito, o lamento colectivo e o símbolo de respeto pola pérdida. Somete tamén a exame o grao de urbanidade dunha determinada afección. Lembremos un incidente curioso que vivín en calidade de afeccioado cando non contaría mais de nove ou dez anos. Aconteceu no Anxo Carro, e daquela xogaba o Lugo na 2ª división, contra o Betis aquel día. Entón gastaba Gordillo, o mítico zurdo (zocata) que militara no Madrid e na selección, as súas últimas carreiras pola banda, levando o balón no último suspiro e saltando por riba do defensor, coas medias baixas. Pois aquel día, Xelos Rúas, ou Ángel Calles para a afección en xeral anunciaba pola megafonía do estadio que se ía a proceder a gardar un minuto de silencio, pola morte da nai de Gordillo. O Calles anunciaba outras moitas cousas que logo os pequenos dramatizábamos camiño da cidade para botar unhas partidas ás máquinas no salón recreativo "El Recreo", ou cando voltábamos para a casa. Así, o Calles anunciaba a "Taberna de Marcos, especialidad en churrasco y bacalao a la portuguesa", "Renault Abelleira, Abelleira, Abelleira, carretera de Santiago, Abelleira"; "Chorizos Ceide, se hacen en Lugo y se comen en toda España"; ou "hai cambio no clube deportivo Lugo, retírase Cacharrón e entra Carolo", etcétera. O caso, e voltando ó minuto de silencio, é que era na memoria da nai de Gordillo. O silencio fíxose sepulcral no Anxo Carro cando asubiou o árbitro. Todos os afeccioados maiores, polo que eu vía, observaban solemnes a Gordillo e eu observaba solemne as súas medias verdes baixas, case que á altura dos nocellos, e imaxinaba o meu maxín merengue aquelas perniñas debuxando regates coa camiseta do Madrid. Pero aconteceu un feito esquencible, que coma moitos dos feitos esquencibles, ficou para sempre na miña cabeza, inesquencible. Un rapaz da Milagrosa, o Ufo, sí, o Ufo, berrou: " Gordillo, me cago en tu puta madre". Eu quixen que me tragara a terra, pois atopábame moi preto do Ufo, un rapazote que carecía de moitas cousas que agora son mais evidentes do que o eran por aquel entón, pero xa se facía notar. Os maiores ollárono indignados e eu tamén entendín aquela indignación. Comezaba a entender algúns códigos inquebrantables do xogo, e da vida tamén. Un pouco de respeto. Ufo foi porteiro e hai pouco vino o día de Noiteboa á tarde, algo adormecido nunha cervecería da Milagrosa. Dubido que lea o blog(blogue, blog?). En todo caso, mal feito, Ufo; non o de non ler o blog, senón o de gritar semellante animalada. Pase en longo en diagonal e cambio de orientación.


Hai un mes, atopábame eu por esas cousas da vida, axustándome as medias e as zapatillas e botando unhas carreiras nunha pista galega, non direi cal, posto que aínda non xogamos o partido da segunda volta, e quen sabe..., o caso é que eu quentaba, intentaba enganar un pouco xa antes do partido: correr con cara de concentración, xesto de rabia, vitalidade; cando ves a un xogador así diante de tí, polo menos respetas, sempre se engana algo deste xeito, porque o contrario di: "Carallo, ese é o Lois, anda ben este ano..." e esa clase de parvadas que nublan o pensamento dos xogadores no canto de estar pendentes das variables que dependen directamente deles. Engado que si acompañas esta demostración física dun par de controis elegantes ou un bo carallazo á portería, incrementas un pouco o efecto. Non fai falla facer o que facía Indiao, un "armario" internacional brasileiro, que os tiña ben postos, e que antes dos quencementos se achegaba ó medio da pista e lles berraba ós contrarios: "Ei, cara, vamos maxucar, fillos da puta!". Tamén se pode optar por outra opción mais autóctona que executaba un coñecido porteiro mítico do fútbol sala nacional, que lles dicía: "Sí, sí, me podeis tocar, soy de verdad". Unha parede, ei, bótama ó espazo.

O árbitro pitou e eu, coma os outros xogadores que nos atopábamos na pista, centramos a atención na faciana e no físico dos colexiados, tentando atopar algún sinal inequívoco de estupidez. Logo, observas ós demais xogadores contrarios tentando establecer os primeiros contactos visuais: quen mantén a mirada, quen a torce, quen se agocha, quen te mira con mais desprezo...prexuízos. Pero tocaba agardar un minuto de silencio. Morrera a avoa dun dos contrarios. O caso é que durante eses momentos pódese escoitar o ruído dunha zapatilla que se roce co parqué. Da igual que haxa cinco mil persoas na pista que que haxa cen. Escóitase igual. É unha sensación bastante curiosa. Óese respirar ós contrarios, ós nenos na grada rir, pois aínda non o entenden. Así que tentas adoptar unha posición que exteriorice respeto e solemnidade e comezas a xogar coa vista. Análise de zapatillas; no fútbol sala, segundo o modelo pode significar a priori un perfil de xogador ou outro, xa digo, sempre a priori, non é unha ciencia exacta. Deste xeito, unhas Munich Gresca, nos seus modelos mais sinxelos, e observando o estado de conservación das mesmas, xa nos pode dar unha idea da entrega física, do nivel técnico, da veteranía, aínda que agora moitos raparigos xa lles poñen esparadrapo tamén, e así semellan mais veteráns. Se son de cor rosa ou verde fluorescente, normalmente predispóñente negativamente, no senso de que é unha proba evidente de querer chamar a atención ou querer facerche un túnel xa no primeiro minuto. Viaxe contra o cartaz publicitario. Logo atópase o xeito de colocar os carpíns ou medias de xogo. Por riba dos xeonllos, ó xeito de Henry, sen ser Henry, tamén é algo que non gusta atopar. Implica que ese xogador pensa que ten un punto mais de elegancia, de influenza sobre o xogo do seu equipo: viaxe contra o cartaz publicitario. Durante o minuto de silencio ollas tamén a faciana do afectado, e tratas de intuir si nese intre está pensando: "Vouno dar todo polo finado, a él gustaríalle, xogarei co corazón,..."ou esta serie de estupideces que logo esquences cando comeza o partido. Logo tamén observas o grao de beleza dos rivais, ou a aridez dos seus rasgos, que che dan unha idea aproximada do autóctonos que son, e no caso de que parezan moi autóctonos(esta condición cursa cunha coloración excesiva das meixelas, cellas ben poboadas, musculatura contundente e un bo nivel dos coñecidos "cañotos"), teremos que ter coidado nos balóns divididos. Logo acaba o minuto de silencio e todos din: "Vamos, me cago en crista, fuerte desde el principio, eeeeeehh".

lunes, 7 de enero de 2008

Confesións dun galego comedor de churrasco(tenreira)


Non sei se De Quincey tería logrado a excelencia literaria trocando as musas opiáceas por outras tan terreais pero igualmente inspiradoras coma ese producto tan noso e tan de tantas outras nacionalidades que é a carne á brasa, o asado, o churrasco; mais unha cousa é certa, tal vez gozaría dunha existencia un tanto menos atormentada. Esta reflexión gratuíta e inconexa do churrasco serve para iniciar outra viaxe a ningures. A mesma mención do termo “comedor”, entendido o mesmo coma o suxeito de Lugo que come, transpórtame inmediatamente ó termo imprescindible que acompaña ó primeiro, isto é, “bebedor”. Alto ahí os que xa pensaban que agora ía caer polo precipicio gozoso e decadente da bebida hedonista, alcohólica, compulsiva, pracenteira, enfermiza, entregándome a un exercicio autodestructivo de recreación. Non. Teño algo mais de clase que iso. Pouco a pouco.
Quero recordar neste instante un bonito suceso acontecido arredor do churrasco e da bebida. Sucedeu no Monte Segade, espacio natural de Lugo, unha sorte de Central Park lucense, só que sen Central e sen Park. Alí conflúen por puro azar, atletas adestrando, executivos que meditan se abandoar o lado dos vivos e unirse ó equipo dos mortos no fondo das augas do Miño guindándose dende a Ponte Nova, parellas ocasionais ou mais estables con gañas de fregárense e logo liscar, ao tempo que xubilados ou simples dexenerados conténtanse con fregárense eles mesmos namentres contemplan o espectáculo. O voyeurismo na súa forma primixenia. Así é que atopábame eu alí co lícito fin de pasar unha noite de verán entre churrasco, cervexa e amizades. Deste último apartado, teño que dicir que abranguía un amplo espectro: un dos meus mellores amigos, outros amigos/as, coñecidos e alleos a miña persoa. Era un día daqueles que espertan rematados, froito da correspondente saída do día anterior, coa conseguinte agudización da estupidez, que golpea a túa sombra en forma de pensamentos inconexos, vaguedades, dificuldades severas a nivel oral, serios transtornos articulares e musculares, cursando con sudoración excesiva, pesadez, dor de cabeza e nos que moitas veces atopas cal é a túa verdadeira natureza, sen disfraces nen carapuchas, ti a soas coa túa estupidez, mais como dicía un dos executivos que se guindou no Miño imaxinando que saltaba dende Acapulco, falar da estupidez é bastante aburrido, mais aínda cando é un estúpido o que fala.
Xuntanza agradable en principio, labores comúns, elexir mesa, pásame a cervexa, ¿e botaremos a carne xa?, suor, e eu que atizado pola sede me ofrezo voluntario para ir á fonte. Asi é que comezo a andar polo monte, entre árbores que descoñezo, cecais piñeiros, pois tal é o meu desinterés pola bioloxía ou sinxelamente polas árbores. Na fonte, un home e mais o que presumo seu fillo pequeno duns “oitanos”, carretan con eficiencia unhas garrafas en tanto que eu me achego.
-Hola,…
- Que hai…a ver Roberto, xa encheu esa, pon a outra…
Logo dun breve intercambio de miradas entre os tres individuos, observo que o pai viste unha gorra, camiseta informal con lamparón á altura do peito(clásico lamparón ocasionado pola imposibilidade de contestarlle a teu fillo quen ficha polo Madrid este ano, recrearte no limpiño que che quedou o coche e respostarlle á túa muller de mala virxe a un tempo), bermudas moi prescindibles dende o punto de vista estético, e zapatillas sen pretensións, namentres que o Roberto viste o traxe oficial do Madrid, e ante a imposibilidade de centrarme con pragmatismo en tanto que agardo, deslizo un:
-Vaia día que vai hoxe…que fonte mais bonita…-apunto interpelando cun sorriso.
- A verdá é que está vindo un vrao da virxe… nós vimos de Foz…-resposta o home con entusiasmo.
-Esta ya acabó papá, ¿pongo la otra?- suxire o Roberto.
-Pon, pero ciérrala bien, que si no mamá luego nos calienta las orejas, …a verdá é que nesta fonte da gusto, sae carallo, limpísima, nós sempre vimos aquí, eu desde que probei esta xa non quero saber doutra,…Roberto, pero ciérrala bien ,hombre, y métela en el maletero!!
- A verdade é que sí- contesto reafirmándome nese momento no da miña estupidez.
- Eu sempre fun bebedor de auga- afirma o home categoricamente xa en confianza- e teño probado moitas augas, pero o desta fonte…
-Eu tamén bebo…bastante…auga…coma a auga non hai nada- sen dúbida escarmentado pola noite anterior.
Logo a inevitable despedida e o pai e Roberto que carregan as garrafas para o coche, velaí o bebedor de auga e un bebedor de auga en potencia abandoan á miña estupidez que me atormenta na beira da fonte en tanto que encho a miña garrafa. Volto reconfortado por observar que a estupidez non é unha cualidade exclusiva miña, e aliviado ata esbozo un xesto de satisfacción pensando no bebedor de auga cando me decato de que esquencín o tapón da garrafa no merendeiro.
Cando chego, o tema xa se animou un chisco. A mesa está posta, mais observo que faltan as servilletas. As cervexas están abertas e son consumidas con desigual intensidade polos alí reunidos. Eu apunto o detalle, pero algúns dos alí presentes, en tanto que se emplean con rigor no manexo de malabares algún e outros conversan de Hermann Hesh, din que non fan falla. Sírvome unha cervexa e contemplo como a auga da garrafa que eu mesmo fun buscar é empregada para apagar as brasas da parrilla, apágao ben, engade algún con solemnidade. Primeiro gol. Decido pasar páxina pero observo que faltan os garfos e os coitelos. Un dos que descoñezo, namentres manexa o diávolo di que tampouco fan falla. Comezamos a cear e vexo como se dispón o churrasco coas bandexas de ensalada.
-Pois, veña, dádelle, que non pode quedar nada-di o chef.
-Bueno, la ensalada va así, la vamos cogiendo con las manos.-di a rapaza de Madrid con soltura.
E así que comezo rápidamente a coller o churrasco para non mesturar o sabor do vinagre ou da cebola coa carne en tanto que secundo a carne con inxente cervexa para pasar páxina de novo, observando como as fontes de ensalada son rodeadas de mans diversas naquela noite de verán, con pingas de vinagre e aceite que choven pola mesa, facéndose de noite e limpando sen complexos as mans nas saias ou na pedra dos bancos, todo nun ambiente moi desenfadado e festivo.
-Ahora le meteremos unas copas oh?- di un dos mais festeiros.
Eu solicito unha comprobando que xa superei o meu estado de fatiga, sustituido por unha crecente euforia, e dous “hielos”.
A de Madrid, que aínda segue coa ensalada céntrame os dous cubiños con esas mans cheas de vinagre e aceite, e non podo por menos que irrumpir na conversación obrando o silencio que nunca debe aparecer neste tipo de xuntanzas:
-Agora cecais vos apeteza espirvos e se cadra podíamos acariciarnos incluído o can, mollándonos en vinagre e mexar uns por riba dos outros, é a última moda en Londres…na zona do Soho…- con profunda desgana.
A velada continuou malia todo e logo de fatigar unhas copiñas de ron mais, decidín que xa era hora de se retirar. Despedinme atentamente do grupo, e fun correspondido con desigual entusiasmo. Voltei como fora, camiñando. Logo duns metros, e xa no medio da Ponte Nova, detívenme. Ollei a escuridade e asomeime ó vacío, reclinado na valla. Obviamente, meditei a posibilidade remota de chimparme á certeza mais absoluta, e comprobando de novo a miña estupidez sospeitosa, no primeiro no que reparei, sabendo perfectamente que uns cuarenta metros polo menos me separaban da auga, foi na posibilidade de caer nunha zona de rochas. Logo barallei a opción de prender as bermudas no momento do salto, e abrir a cabeza contra o soporte de cemento armado da protección, ficando semiinconsciente e apresado e logo caer sen remedio sangrando pola cabeza e sabéndome un inútil igualmente. Como realmente non tiña motivos para tirarme tampouco, deduxen que non era momento de morrer, e continuei camiñando, feliz na ebriedade moderada, dispersa, anestésica. Camiñei cara a zona vella da cidade, atravesando con heroicidade avenidas, rúas e subindo costas ata chegar á muralla, mesmo crucei a un estrano executivo que se dirixía co seu maletín na man cara a Ponte Nova. Agardo que teña pedido o día na oficina, senón igual llo descontan da nómina.
Perdido nestas e noutras divagacións, achegueime á zona dos pubs. Na selección dos mesmos existen varias razóns fundamentais que todo grupo de homes baralla antes de se mergullar nun:
-Oes, vamos a este, que aí hai cachondas.

Despois, os grupos de homes bébedos comproban que o feito de que certamente haxa mulleres fermosas é un feito tan certo coma que eles son un fato de animais, un fato de mozos de labranza, e claro, a desilusión esvara polo suor adormecido destes homes frustrados, que se refuxan no desconsolo pedindo outra ronda, e outra, e outra, e outra, e a música é intolerable polo xeral, e os homes bailan en grupo facendo moito ruído, tratando de chamar a atención en canto a decibelios das mulleres fermosas, e elas míranos escépticas, e algunha repara no mais animal de todos, e imaxínase unha bonita vida rodeada de animaliños pequenos xunto a seu pai, e entón neste momento e cando xa me atopo de novo diante da ponte nova, sobre o Miño. E ollando a profundidade abismal que me separa da auga, que se esconde, é cando volto a dubidar, non sei si polo recordo dos mortos, ou polo vento dos vivos, e hoxe, recén hoxe, penso que cecais fose mellor vivir eternamente baixando a fonte por auga, sen presa, ollando as árbores que nunca contemplo, e dando as gracias por atoparme vivo.

De Realidade e Vergoña: cidadán estupefacto




Caminantes. Camiñantes. Este é o título do documental de Fernando León de Aranoa, que o pasado luns era entregado xunto ó xornal El País. Ben, pode acontecer que os escépticos definan o mesmo, asociándoo ó diario co que se adxuntaba, como que é un producto de consumo para o potencial consumidor de esquerda occidental. Cecais. Pero eu non estou dacordo. Logo de velo, paradóxicamente no Día de Reis, polos motivos que agora escribirei, non pode un sentirse pouco menos que ridículo. Así que collamos as cores e tentemos achegarnos ós grises, esa gama difusa da escala cromática na que conflúen elementos diversos, o blanco e o negro fundamentalmente, que son a expresión radical de case que tódalas cores, pero que conxugados semellan un punto de tregua. Por unha banda, o día de Reis, unha manifestación de alegría, de consumo tamén, pero de alegría ó fin e o cabo, e á que inevitablemente nos sometemos en maior ou menor grao de xeito mais ou menos voluntario, dependendo do ánimo, o momento, e en base ás contradiccións que manexemos uns e outros. Dicía que se sinte un algo ridículo logo de ver o documental, pola súa natureza reivindicativa, de denuncia, pero tamén un bonito xesto e unha oportunidade para que teñan voz os que habitualmente non a teñen. Recolle o mesmo a axitación e a historia dun pequeno poboado indíxena no México, nos días previos á chegada da marcha zapatista de 2001 cara DF, en protesta e reivindicación dunha lexislación que recolla os dereitos e identidades dos indíxenas, e que logrou reunir no Zócalo a centos de miles de persoas. O documental mostra asemade, as traxedias e sensibilidades de varias persoas anónimas que viven no poboado, e o título do mesmo fai referencia a unha obra de teatro representada na escola do poboado co motivo da marcha. Aparece tamén o subcomandante Marcos en varios momentos da cinta, explicando un pouco o proceso, as motivacións da marcha, os problemas, etcétera. Teño que recoñecer que non posúo un coñecemento suficiente da cuestión, pero sí me gustaría facer unha observación sobre a súa figura. Os escépticos teñen aquí outra boa ocasión para sorrir compracidos polas ilusorias verbas de quen aquí escribe. Adiante, aquí collemos todos. Logo de repasar na rede un pouco o perfil desta figura contradictoria, vilipendiada tamén, hai un feito que me chama a atención logo de revisar algúns diarios ou artigos do noso país sobre o asunto: existe invariablemente un certo cheiro a condescendencia compasiva na análise desta personaxe. Xa sucedeu hai uns meses no aniversario do Che, con editoriais non demasiado afortunadas por parte de diarios que poderiamos considerar serios, e por parte de articulistas que poderiamos considerar expertos na materia. O certo é que un home na cincuentena que camiña con pasamontañas e fumando en pipa pois produce certa desconfianza en nós, e aquí é preciso sinalar aquelo que acertadamente observaba Carlos Taibo nun dos seus libros: o carácter maléfico ou benefactor que lle otorgamos a unha determinada persoa depende considerablemente da publicidade que o secunde, de tal xeito que Putin pode ser peor que Bush, Chávez sexa o herdeiro natural de Fidel Castro, por tanto outro boneco de vudú, pero causa gran expectación Gadaffi polos seus aires de dandi do terceiro mundo, ou Evo Morales pode ser ridiculizado por un puto xersei de raias, e Emilio Botín, o magnate das finanzas, pode espertar mais admiración ou solemnidade vestido de traxe e garavata, aínda que se mova polas salas da Audiencia Nacional con sorprendente familiaridade. Fagamos un punto e aparte.


Enfoquemos. Quero dicir que dende unha posición de relativa comodidade na que se vive nalgúns casos no Occidente, resulta doado catalogar movido polos prexuízos unha figura coma a do subcomandante Marcos. Entón cando un o observa falar, tende a refuxiarse na concepción que ten formada da persoa, en lugar de escoitar verdadeiramente aquelo que está a dicir. Pero sí un escoita o que di en realidade, si o escoita verdadeiramente, non ofrece discusión. E si, por riba, é capaz de transmitilo de xeito brilante, seducindo, produce certa desconfianza. Aí está a contradicción que eu quería reflexar hoxe. Nun día no que aquí, na terra na que algún escritor senlleiro di que se sitúa sempre nunha situación incómoda para o poder e logo fai un libro de louvanzas ó Zapatero, contra o que non teño nada por outra parte, ou na terra que acolle de senador a un vello que firmou sentencias de morte(Fraga), ou ós que nos ensinan como ser bos galegos, aparcamos as nosas frustracións e preocupacións e deixámonos ir coa suave melancolía nos papeis de regalo, e pensamos que cecais a nosa vida é cruenta en ocasións, quixera recomendar este documental para contribuir mais aínda á estupefacción, ó desconcerto, ó axitamento neuronal que envolve todo, non só os agasallos, á contradicción que asoma cando rabuñamos un pouco o pensamento e nos leva a pensar que non entendemos nada. Sinxelamente é así, non se pode entender este mundo inxusto, absurdo. Pero non me arrepinto de ter visto o documental. Camiñantes. ¿Que é peor?¿Alguén que persegue o seu soño baixo un pasamontañas por Sudamérica adiante? ¿É mellor un católico que vai a manifestación dos bispos en Madrid pero lle zoupa á muller na casa?¿Ou é mellor un puteiro agnóstico de esquerdas, ecoloxista?¿O tabaco e o alcohol, que son norteamericanos, son mellores que o opio(afgano), hachís(marroquí), folla de coca(boliviana, colombiana)?¿É malo gastar un millón de pesetas en discos de jazz?¿Ou é bo gastalos en agasallos, pero en Nadal, non no día do cumpreanos?¿É correcto no momento actual ter simpatía polo presidente iraní?¿Mais que polo americano digo?¿Ou é lícito ter desexos de ser Sarkozy?¿Pode un sentirse mal, se tivese desexos de queimar nunha pira mil euros, por exemplo?¿É correcto filmar un documental e gañar diñeiro por iso?¿A concienciación social tería que custar cartos? ¿Ou esta clase de documentais terían que ser obrigatorios na escola?¿É bo crer nos Reis Magos?¿Por que Basaltar vai de último?¿É mellor converterse nun escéptico que recele de todo? Só podo recomendar ver o documental. A min gustoume.




Poema de Jaime Gil de Biedma:




No volveré a ser joven

Que la vida iba en serio
uno lo empieza a comprender más tarde
-como todos los jóvenes, yo vine
a llevarme la vida por delante.

Dejar huella quería
y marcharme entre aplausos
-envejecer, morir, eran tan sólo
las dimensiones del teatro.

Pero ha pasado el tiempo
y la verdad desagradable asoma:
envejecer, morir,
es el único argumento de la obra.
Enlaces para cidadáns estupefactos:http://www.youtube.com/watch?v=WwTmVoWQT4w

lunes, 24 de diciembre de 2007

De alegría e de entrega: Barcelona-Madrid




Hoxe xogaron Barcelona e Madrid un interesante partido no que a victoria foi para os brancos 0-1. Xogada vertixinosa, combinativa, cun pase do holandés Van Nistelroy de verdadeiro mérito, tendo en conta que habitualmente gasta zapatos de trote. Definición maxistral de Baptista, nun deses golpeos nos que se xoga a dobre ou nada, pois aínda tiña tempo para acomodar o balón, pero o instinto dictoulle outra cousa. Síntese profunda relaxación cando todo sae ben logo dun golpeo arriscado: pola velocidade, pola superficie, pola traxectoria que dibuxara o balón previamente...




O Barcelona fai moitas cousas ben, pero non atopou para min o xeito de entrar con mais claridade no último cuarto de cancha, ben pola baixa de Messi(séptima velocidade, nocello con reminiscencias maradonianas, medo que exerce nos defensas, clarividencia, estado de gracia, imaxinación). Stop. A propósito desta facilidade de Messi para os caneos, contan polo Brasil que un xogador moi afamado da década dos corenta, logo de canear a mais de medio equipo rival(poñamos que en Maracaná, sí, esta anécdota precisa que sexa Maracaná) e meter gol, non o celebrou, senón que retrocedeu dende a liña de gol ata o medio campo onde iniciara a xogada borrando as marcas das botas para non deixar rastro e que ninguén puidera repetir a acción. Beleza egoísta.


Continúo. "...ben pola baixa de Messi, ben polo baixo estado de forma de Ronaldinho, que agora mesmo está entre os trinta mellores xogadores do mundo, pero habería que esixirlle que volte ós cinco primeiros, onde todos o queremos ver xogar. Abusou en exceso do pique de banda para o interior e logo un pase, pero non nos enganas, non estás ben,o sorriso está ben cando che acompañan as forzas, agora escóndeo. E traballa. Para min as novas mais emocioantes do Barcelona son en primeiro termo, Iniesta. Inmenso. Velocidade, actitude, clase, verticalidade. E ademais dan ganas de invitalo a comer á casa os domingos. Sabes que lle podes prestar o diñeiro, e sabes tamén que si andivese vestido coma un rapeiro e tivese a idiotez e egoísmo estúpido doutros futbolistas de Madrid ou Barcelona, cobraría tres veces mais. Paradoxos do fútbol. Queremos que nos faga un xesto de líder.


Por outra banda, como madridista, ando algo inquedo, porque unha estirpe de raparigos do carallo, semella que se tivesen posto dacordo para derrocar ó Ronaldinho. Susurran polo baixo: "César debe morrer, César debe morrer, César debe morrer." Primeiro era Messi, logo Giovanni, agora Bojan. Talento. Sí.


No tocante ó Madrid, coido que foi claramente superior, na segunda parte, aínda que iso non che garantiza nada no Camp Nou. Contundencia defensiva en Pepe, que ten nome de albañil, pero que demostrou nos cruces que hai galóns para algo grande, e Cannavaro, discutido, odiado; porque é guapo, porque é italiano, porque é baixo, porque é tosco...vale. Cannavaro é un fenómeno. No seu traballo que é defender. Hai accións que definen a un xogador. Aí vai unha: balón dividido no medio campo, Abidal que vai a controlar de costas porque chega antes e Cannavaro que ven claramente dende atrás en desventaxa, ó sprint. En vez de entrar directamente ó balón, xa non chegaba, segue correndo e no último momento fai que choca con Abidal e logo cae él varios metros cara diante...cortiña de fume. Acción cortada. O árbitro non saca tarxeta. Intelixencia.


Continuemos. Góstame Heinze de medio campo para atrás. Nada mais que dicir. Simpatía por él neste espazo do campo. Será cos anos cando valoremos na xusta medida a figura de Roberto Carlos, que por outro lado sempre me semellou un paiaso. Pero iso non era razón para que calquera "intelixente" lle chamara macaco cada vez que perdía un balón.




Baptista e Sneijder danlle pulos renovados ó Madrid e póñeno noutra marcha agora mesmo, igual que Robinho que, sen estar brilante, hoxe semellou un xogador mais maduro que hai un ano. Zidane non tería problema con estas bestas. Mención aparte merece Diarra. É o clásico armario estilo Emerson, Davids, Touré Yaya, Desailly,...mais do mesmo. Ten dous ladrillos por pés. Gran traballo defensivo, pero pouco dotado para o xogo. No pase, case nunca elixe ben a superficie de golpeo, nin o momento, nin mide se o compañeiro ten espazo e tempo ou non para recibir, para que ese pase sexa mais tenso, ou en parábola. Os adestradores teñen o estrano costume de alinear antes ó xogador que rouba tres balóns e perde catro, en lugar do que...(completade o crucigrama vós)


Raúl segue ó seu. Compromiso. Hoxe non tivo o día. Esforzo.


Rijkaard e Schuster non deberan ser discutidos polos seus coñecementos, pero non sei o porqué desa tendencia autodestructiva dos adestradores. O tempo dirá...


Curiosas estampas de cabaleiros diversos nos palcos, cargos que defender, apariencias, lamentable...


E non me quixera ir sen lembrar a acción técnica do partido, cara o final, roulette de Iniesta case na súa área, pegado a cal, e balón por elevación para Bojan, que bonito. Perdemos pero non vos esquezades de min, dixo o rapaz.




¿Terá Messi na casa uns planos dos submundos que se agochan no céspede do Camp Nou?


¿Qué comería Ronaldinho agora á noite?


¿Vería Zidane o partido e diríalle a seus irmáns: "E que queredes, non ía xogar toda a vida..."?


¿Fumaría Rijkaard un canuto en pelotas vendo as luces das Ramblas dende o seu piso minimalista?


¿Sergio Ramos faría forza nos abdominais mirándose no espello, elexindo as roupas ideais para calquera inauguración, lendo Estilos de Vida?


¿Ficará Baptista nunha cámara de auga conxelada?


¿Porque Heinze xoga con Puma?¿Quere facer notar ó contrario que non se anda con ostias?¿Ou que non esquence a Maradona?


¿Eto`o?¿Onde está Eto`o?


¿Que cara poñería Diarra cando vía facer unha roulette a Zidane?¿Non o entendo,profesor?


¿Porque Schuster se deixou ese bandullo?


¿Porque Calderón semella o presidente do Puertollano?


¿Segue fumando farias Beguiristain debaixo da ducha, sen que se lle apaguen, digo?


¿Pepe está contento por chamarse Pepe?


¿Porque o Camp Nou semella tan grande?


¿Puyol, colle as potas que queiman sen guantes, os domingos na comida familiar?


¿Guti alédase cando gaña o seu equipo?


¿Non vos gustaría estar agora, ás catro da mañán, no Camp Nou, e botar un berro dende o centro do campo?


¿Xavi, por que pasa tan ben, de pequeno sempre levaba os deberes feitos?


¿Que pensará de todo isto Menotti?














domingo, 23 de diciembre de 2007

Cunqueiro na néboa


Hoxe na mañán erguinme e pronto tiven gañas de voltar deitarme. Ficaba aínda Lugo envolto na néboa. Erguinme non porque disfrute das mañáns envoltas na néboa, sobre todo no Nadal, senón porque tiña que xogar, tiña que xogar á guerra con medios pacíficos: o fútbol. Mirei pola ventá e quixen ver no medio do incerto, ó soldado co traxe feito xiróns, canso, envellecido, que volta da guerra. Non había ninguén. E así que non sei se chegou ás miñas mans ou chegaron as miñas mans a él, din coa Escola de Menciñeiros de Cunqueiro. As seguintes liñas que puiden ler, compensaron con moito a derrota no balón, e mesmo fabricaron gargalladas convencidas, que cecais puideron espertar á familia de arxentinos, ó garda civil triste, á pálida dama, a ananiña co seu can rabuxo, ó matrimonio anacrónico, ó home de gris precedido polas nubes do seu tabaco, e así que me decato que xa cecais haxa historias que seguir contando porque digo eu que non as escribirá todas o Cunqueiro dende algún lugar. Entón, hoxe, remítome ás breves liñas ás que denantes(de Nantes ou de Toulouse, non o sei) fixen referencia, que son as que seguen:


Licho de Vilamor


Souben do Licho de Vilamor polo avó dun compañeiro meu de escola, que era un vello reloxeiro e tiña unha caixa de música que moito gostaba eu de ouvir.

-En Vilamor-dicíanos-houbo dous homes de talento: o Berete, que adeprendeu a ler nun día, e o Licho, que sacaba as moas sen dor.

Preguntando polo Licho souben que fora un home moi alto, moi gordo, cunha gran barba, e que sempre gastaba blusa moura, de maragato. Andaba polas feiras sacando moas. Chegaba a unha feira, subíase a un caixón, e colgábase do pescozo un grande colar feito cos dentes e moas meirandes que sacara, e para traer á clientela, explicaba as pezas máis famosas:


-Esta moa foi do señor cura de Abraldes.¡Moita febra de lacón leva cortado! Este dente foi de dona Ramonita Verdes.¿Vedes este dente de tres reigañas?Do sombreireiro de Mondoñedo...

Qué facía para tirar as moas sen dor, eu non o sei. Unha vez, un tío avó de meu, don Serxio Moirón, contoume que el coñecera o Licho.


-¡Aínda pasou con el en casa nosa unha chistada!


E a chistada foi que unha tía miña, Elisa, que era moi fermosiña moceta, e delicada, e finou en Panticosa do peito, tiña unha moa avariada e doíalle e ata tiña algo de flegmón. E como era sábado e mercado nos Rodrigas de Riotorto, e estaba o Licho no seu traballo, fórono buscar para que lle quitase a moa á miña tía. E a pobre Elisa estaba na sala dos balcóns, no pazo noso de Chachán, nunha mecedora, chorimiqueando, cando chegou o Licho. E a miña tía cando veu entrar por portas a aquel home tan grande, con aquela blusa moura, o colar ó pescozo e nas mans as ferramentas, vai a rapaciña e esmaiouse. O Licho botou unha grade risada, e volvéndose para meu bisavó, o escribán Moirón de Bretoña, que gloria haxa, namentres lle tocaba coas tenazas na barriga, comentou palaciano gracioso:

-¡Ha, ha, ha!¡Todas estas señoritas son un fato de putas!

É todo o que sei do Licho de Vilamor."

http://es.youtube.com/watch?v=bN6n5LZpL4w

http://www.lanacion.com.ar/entretenimientos/nota.asp?nota_id=971719&origen=4ta&toi=-1&pid=3670743

martes, 18 de diciembre de 2007

Un Ceide de Ouro(Premio Rodríguez Figueiredo)



O sábado foi elixido gañador do Premio Nacional de Narracións Curtas Rodríguez Figueiredo, Rubén Ceide, polo seu texto "A caixa da costureira". Ós que gañamos con anterioridade o premio da súa amizade, alédanos e fainos ilusión que así fora, e estamos certos de que non será o único premio, nin o último; e, dalgunha forma, confirma a impresión que teño del e dalgún amigo mais en común que temos por aí: que o talento non sempre viaxa pola autopista. Sempre houbo grandes Cadillacs viaxando por estradas secundarias, e hoxe brindo porque dalgún xeito, e estou certo que así será, un Cadillac de primeira, ou moito mais que iso, un ESCRITOR dos pés á cabeza como Rubén Ceide, colla unha autopista e bo asfalto, e a xente se poida sorprender e admirar ó ver o rastro das rodas douradas no firme e o arrecendo do seu combustible, que non é outro que o TALENTO. E logo poidamos aplaudir, admirados, como o neno que busca sen atopalo o segredo da chisteira do MAGO. E agora vexo que tiña mais razón aínda cando dixo que non matásemos ó neno que levábamos dentro, que o deixásemos vivir...un pouco mais. Por todo, señor Ceide, sexa moi feliz, e non mate ó neno que leva dentro, a ilusión. Adiante. Adiante.
E ,por suposto, o Ceide ignorou os consellos dalgún infeliz inglés para acadar o éxito, que cun pequeno sorriso, reproducimos:

"O bardo que triunfe debe levar sempre un caderno,

anotar os seus pensamentos en prosa e vestir un pano púrpura, cunha mirada sempre distante,

e unha cabeza de pelo aireado coma un hexámetro.

Pensa con lixeireza e engordarás,

se levas o pelo longo non precisarás sombreiro"



Amizade 10.
http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pRef=3206_16_186618__Ourense-Ruben-Ceide-premio-Modesto-Rodriguez-Figueiredo





Para o protagonista da súa propia historia, para o Ceide,"...la gente dice que estoy loco, haciendo lo que hago, yo prefiero seguir mirando girar las ruedas...":http://es.youtube.com/watch?v=RY_xY_Q-kQE

lunes, 17 de diciembre de 2007

Conto de Nadal (Cinturón negro de karaoke)

Porco, s. (Porcus omnivorus) Animal estreitamente relacioado coa raza humana polo esplendor e a viveza do seu apetito que, nembargantes, é menos variado có noso, dado que non acostuma comer porco.


O reloxo non soou ben esta mañá. Na rúa vai frío e Servando érguese con fonda desgana da cama. Recuperando a verticalidade, sinte fortes dores na cabeza. Os efectos das cervexas da noite anterior exercen a súa función de recordatorio dos bos hábitos conductuais. Non beberás mais da conta. Servando, voando por riba deste tan vilipendiado mandamento, inxeriu unha ducia de cervexas no karaoke, e algunhas copas, na compaña doutros colegas do servizo de limpezas do concello.








No karaoke, a golpe de domingo, uns imsomnes de aínda non vinte anos, un vello duns setenta, tres mulleres chegando á cincuentena, e o Servando e os do concello. Mais a camareira, o encargado da música e a dona do local. Alí, foron interaccionando uns e outros. Miradas, sorrisos, xestos de dominio da situación diante do micrófono e Servando que desatou o delirio cunha interpretación moi sentida de Pimpinela, escenificando ós dous protagonistas namorados da canción. Os colegas de Servando, en tanto él cantaba, xa foran cercando ás mulleres da cincuentena, e comezaran a falar animadamente con elas. Logo saíron a cantar unha canción elas e os colegas do concello, en grupo. Interpretaron unha do Sabina, rancheira xa clásica. Destrozárona. Pero ficaron satisfeitos. Servando baixara do esceario e dirixira a súa atención cara a camareira, unha rapaza de bo ver. Achegárase á barra co mono azul de traballo co escudo do concello no peito, botas de montaña e unha cazadoriña sen mangas azul marino, todo elo presidido por esa barba espesa que o Servando luce con decoro:




-Has de porme otra cerveza cuando puedas, ei!




-Y podré...Servando, que tal vas?




-Ia ves, mañana es el último día de trabajo antes de las vacaciones, pero nosotros decidimos ya celebrarlo hoy. Hay que quencer los motores para despedir el año.




-Ganas teneis. Io no libro hasta después de Navidad. Vaea raiada. Aguantar borrachines todas las noches, pendexos, y todas las cenas de empresa, todos esos bestas...




-El sector privado es lo que tiene, nena...nosotros, los del concello, destinto nivel, porque el concello somos todos, eje, ejejeje, y tú se quisieras, te hacía io del concello en un tris, tengo contactos...




-Uuuhm, a ver, querías otra cerveza, no?Bueno, pues toma y me lo cuentas.









E así que a visión de expectativas sexuais por parte do Servando e a visión de expectativas de mellora laboral por parte da camareira, que ten cara de chamarse Beatriz, Bea, ocasionan unha conversa na que os dous só están pendentes do obxectivo final da mesma. O que comunmente se coñece como diálogo de xordos.Servando pensa: "...bueno, agora termo un pouquiño, a verdade é que está bastante boa esta chavala, e ben pensado aínda podía falar co de persoal, custar non me custa nada,...ai que ver papi, vaia feituras ten a chavaliña esta...," ó tempo que Bea pensa:"...uff, aguantar este fato, pero bueno...mira que si ó final me consigue colocar no concello...ademais, fede a suor o asqueroso iste, mira para aí, co mono de traballar enriba, vaia animal, fedendo a churrasco...bueno, a ver se sacamos algo en limpo..."




Entón o Servando xa perde a serenidade e comeza a pedir cervexas de xeito compulsivo. A música torna cada vez mais difusa, e por momentos, vóltanse xigantes as formas da camareira e o desexo do Servando vese incrementado notablemente. O tema do traballo, por parte do Servando, perdeu notoriedade dentro do seu discurso, mellor dito desapareceu, e agora só os aloumiños e as loubas á beleza da Beatriz manteñen o groso do mesmo. A Bea aguanta estoicamente, loitando para manter viva esa esperanza dun traballo mellor, e o que ten claro é que non quere saber nada do Servando. Servando invade por momentos a zoa de protección persoal que posuímos tódalas persoas e achégase rubindo pola barra coma un koala. Quédaselle pequena. Servando xa só quere acadar a beleza de Bea, quere fundirse nela, e este desexo irrefreable opera que a cervexa chea lle caiga polo mono azul do concello. Soa unha versión ridícula dun boleiro, interpretada polo vello que ficaba en soidade no fondo do local, un boleiro titulado "Mi padre, mi viejo, mi amigo" e Servando, nun momento de lucidez intrígase e pensa, ollando para o vello, subido no esceario cos ollos medio pechados, onde irá xa o pai do vello, en todo caso, pensa que é un bonito xesto. Servando pouco mais pensa xa. Na parede hai un misterioso póster de Paul Newman; agora o póster non se detén, senón que xira de xeito vertical coma se fose unha máquina recreativa dos limóns. Paul Newman, Paul Newman, Paul Newman...gaña maletíns; ten que suxeitarse na barra. Trata de recuperar a compostura pero é inevitable. Cando volta a ollar o póster, volta a ver ao Newman xirando. E agora vese él mesmo xirando tres veces dentro do póster. Aparece o Servando subido na máquina enceradora, ou reparando un enchufe da sala de reunións do concello, xirando tres veces; e agora vese él mesmo xirando coa Beatriz, a camareira. É entón cando se lle enchen os ollos de limóns e premios especiais e pulsa o botón de doblar a aposta. Servando, xa a desesperada, trata de remontar a situación e diríxese á Beatriz. Beatriz xa perdeu as esperanzas do traballo e atende ó persoal doutro lado da barra. Os compañeiros do concello fixeron boas migas coas de cincuenta e inclusive se abrazan ao tempo que beben. Servando é rexeitado por Beatriz. Servando pide unha copa dirixíndose a ela coma se non a coñecese. Dignidade. Comeza a beber a copa e pousa os seus ollos no encargado da música. Un tipo vestido de coiro negro. Comeza o Servando a sentir atracción polo individuo. Achégase e dille:





-Oes, precioso, eres un buen becerro...faime algo de caso, cho suplico chaval, me encuentro solo. Si che digo que non te vexo tan feo, me gusta como pones la música, chico...estou tan solo, tan solo.





Servando cae ó chan, cego perdido. Érguese. Érguese e diríxese ó póster de Paul Newman:





-Que guapo eres, Paul, non coma a Beatriz, mírala, tan orguiosa, tan chea de odio, cabrona, bícame Paul, bícame...bícame tres veces, premio especial, premio especial...





Servando sente odio, ira, agora vai cara a porta. Sae fóra. Vai frío. Non hai ninguén na rúa. Servando colle as chaves do coche logo de pensar si o trouxo e entra como pode no coche. Métese e acende. Choca co de diante para sair. Mete as catro marchas rúa arriba, embrague, freo ó máximo, viraxe monumental Rally de San Remo, primeira especial do día. Agora atópase a cincocentos metros da porta do karaoke rúa arriba:





-Esta ímola cantar todos xuntos, Beatriz.





Servando suxeita con forza o volante. Primeira, merda de postureo administrativo e lamecús do concello, metede os cartos no cú, ladrós. Segunda, mira como teño as mans de traballar toda a puta vida por catro pesetas, cambiando enchufes. Mete terceira, xa vai a oitenta, o Paul Newman vai de listo tamén, chupando do frasco sen pagar pao á auga. Cuarta, becerro pinchadiscos, onde vas con tanto coiro rapaz, de listo conmigo non eh?. Xa estamos a cento vinte, metendo quinta, vinte metros para a porta do karaoke. Beatriz, o noso puido ser un grande amor, golfa desagradecida e mañán non sei se teño turno de tarde ou de...





No interior do karaoke, canta unha versión de Roberto Carlos un camareiro dun coñecido bar da zona vella da cidade. Acude alí solitario, gasta sesenta euros na máquina na que xiran limóns e non Paul Newman, outros sesenta en cubatas e logo, cando xa está profundamente triste e derrotado e se ve sen saída, pensa no suicidio, e remata cantando co Puma. Está facendo unha versión incrible. Beatriz sente latexar o corazón e pódese observar a luz dos seus ollos. É o amor que asomou a faciana ás seis da mañán no karaoke. A luz dos ollos de Beatriz refléxase nas cadeas de ouro escondidas entre os pelos do peito do camareiro cantante. O camareiro cantante é deslumbrado polo reflexo do amor de Beatriz. Pensa nun futuro cheo de actuacións polas mellores salas de festas de Benidorm interpretando a Roberto Carlos, acompañado pola Beatriz e por catro pequenos aspirantes a camareiros felices, seus fillos. Tamén sinte un ruído estrano e non sabe de onde procede. Instintivamente mira cara a porta e é entón cando pon os seus ollos no Paul Newman do póster. Paul Newman tamén está mirando cara a porta. Alguén deixou esquencido un koala riba da barra. O koala mira cara a porta. O tipo vestido de coiro negro apaga o equipo e mira cara a porta. As mulleres de cincuenta e os compañeiros do Servando miran cara a porta. Faise un pequeno silencio.





No exterior, o coche de Servando é o Enola Gay. O coche do Servando é Vietnam. Servando durme prácidamente a cento vinte cara a porta do karaoke.








Servando sinte o timbre da porta e volta a sentir o sabor das cervexas na gorxa. Ten resaca. Érguese e ve que ten postos, xunto cos calzoncillos e a camiseta de tirantes, as botas de montaña. Voltan chamar no timbre. Abre a porta e ve a dous axentes da policía municipal e outros dous da nacional:


-¿É vostede Servando Cortón Pelotas?


- Xa ve, a medias aínda, pero sí...e logo?


Un dos policías entrégalle un impreso e dille:


-Lea e si ten a ben, poña os pantalóns e acompáñenos.


Servando abre o sobre e le:





Denuncia contra D. Servando Cortón Pelotas



Hora: 06:04 horas da madrugada


Lugar: R/ Franco Alférez


Feitos denunciados: A Policía Municipal, logo de ser alertada por particulares, denuncia que:





O cidadán Servando Cortón Pelotas, propietario do vehículo Renault Kangoo, color grana, matrícula M-8234-T, invadiu a beirarrúa impactando contra o inmobre correspondente ó portal nº 6 da rúa Franco Alférez, introducindo o vehículo contra natura nun local de ocio (karaoke) con número de rexistro 666.832.5324E no Rexistro Mercantil, ocasionando graves desperfeitos na fachada do mesmo asi como no interior, deténdose o vehículo ó pé da zona do local adicada ó esceario. Testemuñas consultadas pola policía, aseguraron tamén, que logo do impacto, dito cidadán, abandoou o coche, roubando unha cervexa da barra e quitando un mono azul de traballo que levaba posto, camiñando con aparente tranquilidade cara a entrada do local, en dirección á rúa. Antes de sair, sempre segundo os denunciantes, gritou con xesto de satisfacción:


-Arrastro!!





Fdo: Modesto Longarela Valledor


Nº de praca: 243.44.82





Policía Municipal de Lugo

sábado, 17 de noviembre de 2007

Benvida Sabela


Hoxe na madrugada, dous inconscientes que un día se namoraron, deixaron de ser dous para ser tres. Bos días, Sabela! Unha aperta para o Rubén e a Vanessa, que nos fan mais felices por poder disfrutar da súa amizade e da súa xenerosidade. Agardamos que todo vaia ben e Sabela sexa feliz neste mundo ó que hoxe naceu. Benvida!
Alba e Lois

http://www.youtube.com/watch?v=6D2e8JMsTho

martes, 13 de noviembre de 2007

Copiloto


O Billy entrou anoxado no edificio. Sempre que os encargos se atopaban en edificios sen ascensor sentía a mesma quentura.
A anticipación das dificultades coas que se atoparía propiciaban nun home temperamental como o Billy unha tensión que lle facía contraer enormemente o xesto. Para relaxarse, en tanto accedía ó inmobre correspondente, xuraba un pouco e daquel xeito vía aliviada en parte a súa ira. Hoxe o asunto pintaba mal. O caso era que tiña que subir ata un terceiro e logo baixar co encargo. Cando viu as escaleiras, o estreito do acceso, soubo ó momento que ía ser unha xornada complicada. O edificio atopábase, por riba, nunha zona peatonal da cidade. Tivera que deixar o vehículo da empresa dúas mazás atrás. Sí, hoxe sería unha xornada complicada. En tanto suspiraba, podía ulir os ecos do güisqui cos que acompañara a visualización fotográfica dos xornais deportivos no bar da esquina, nese momento no que o Billy sentía que se reconciliaba momentaneamente coa vida. Era entón cando apoiaba os dous brazos estirados sobre a barra, e exhalaba logo do primeiro grolo. A faciana tornaba o cansanzo en satisfacción e o Billy requería a conta das consumicións:


-¿Cuánto é, preciosa?-deslizaba amable o Billy.


-Vamos a ver, catro güisquis e un curasán...dazasete noventa, al café te envito yo.

-Curasán, curasón, habemos tomar de café un día tú más io...-concluiu feliz o Billy.

-Byle, eres un deablo.



O xefe referira que o cliente pertencía a unha coñecida familia da capital, un home honorario segundo as verbas do patrón, con ascendencia entre moita xente posto que ostentara un cargo público de relevancia xa había anos. Era fama que durante o exercicio do mesmo, rexírase observando un respeto escrupuloso polo sentido da corrupción, o tráfico de influencias, a malversación...un estadista. O superior do Billy insistira moito na discreción coa que tería que operar o Billy durante o traballo, dado o delicado estado anímico no que se atopaba a familia do señor Pardeiro. Pensando nestas e noutras cousas, foi que o Billy chegou á terceira pranta. Nos seus pés podía sentir o suave tacto da moqueta que recubría luxosamente as escaleiras e o chan, e que operaba no Billy unha sensación de desacougo, propia de saberse fóra de lugar. Tampouco contribuía o cuidado exquisito das paredes, os tres metros de alto da porta, pois era un edificio nobre en canto ó tamaño, nin as pezas douradas que remataban a solemnidade da porta de entrada daquel terceiro andar. Picou no timbre. Seguía sen atoparse cómodo, sentíase especialmente alleo, tan lonxe da sensación prácida que o visitaba cando ingresaba no A-Tope, o bar que o vira nacer ás desgrazas futbolísticas do seu equipo, notario sixiloso que levantara actas de monumentais borracheiras xogando ás cartas, bar que sufrira as súas habilidades puxilísticas con outros clientes mais borrachos ca él, pista de aterraxe de vasos de tubo no medio de discusións futbolísticas que obviaban o argumento e se centraban nos decibelios emitidos. Lembraba con satisfacción a ocasión na que usara a cabeza daquel desgrazado de Quindimil para abrir a porta e guindalo fóra do santuario, o A-Tope. Logo chiscáralle un ollo á camareira e limpara a suor cos dedos aínda mollados de cervexa. Dende entón ninguén intentara explicar en público a defensa zonal. "Cun par de... co cai que defender, na virgen!" sentenciaba o Billy.



Puido escoitar uns pasos que comezaban distantes e que pouco a pouco se distinguían moito mais preto ata poder distinguir o cantarrexar melódico duns zapatos de muller. A porta abriuse e o Billy puido contemplar unha muller xa entrada nos corenta, cunha brusa branca e unha falda negra, de boa constitución. Unhas bágoas nas que non reparou o Billy, corrían polos seus ollos, pero o Billy só lle miraba para as mans. Brancas, longas, belas. Logo, aquela muller, recollendo as bágoas e tratando de recompoñer a expresión, recibiuno:




-...unm,..bos días, agardabámolo dende hai un cacho



-El cacho lo llevo io, subiendo por las escaleras, vaea matiz de cuesta,-contestou o Billy tratando de sacar o mellor de sí mesmo- la próxima ocaseón traeo una bombona de aire a maeores, je,je.



-...esto...sí, desculpe, se fai o favor, entre, entre, a habitación está ó fondo do corredor.



A muller camiñaba cara o fondo do corredor e o Billy, detrás, ía observando abraiado a decoración da vivenda. Pensaba nun palacio. Fotos de homes de garavata, diplomas de universidades, bandeiras en miniatura, cabezas desecadas de bestas exóticas, diñeiro, poder. Iso é o que respiraba Billy alí dentro. Na soleira da porta viu as figuras en negro doutras persoas. O de sempre. Ficou abraiado cando viu que unha doncela elegantemente vestida, saía do que semellaba ser a cociña cunha bandexa de canapés varios cara a habitación en cuestión. Chegaron á habitación do cliente. Alí, as figuras que vira anunciadas cando se aproximaba, reveláronse homes e mulleres de distinta idade, todos eles vestidos como para unha boda, só que aquilo non era unha boda. Todos ficaban inmóviles, con facianas tristes, olladas de resignación. O cliente descansaba cómodamente instalado nun cadaleito negro que brilaba coma a bola número 8 do A-Tope, pensou o Billy. Achegouse e tocou aquel material que lle lembraba as partidas de billar no santuario, co taco sostendo do Billy, vencido polos cubatas. O interior do cadaleito estaba forrado de coiro branco. Vaea peixe, pensou. O ancián, o cliente, o morto, ficaba deitado en decúbito supino, e o contrario sería algo insólito. Sostiña unha man da outra con aparente facilidade, e mesmo pensou o Billy que o viu sorrir cando se achegou a ver a súa faciana. Semellaba por uns intres que mesmo se fose confesar ó seu oído, pero non, non tal. A muller, que resultou ser a filla do finado, decidiuse:



-Ben, xa estamos preparados, de xeito que se ten a ben proceder, proceda, con cuidado, con cuidado, meu pobriño, xa lle comprara un xogo novo de paos de golf e...e....e.....uhumm, mmmm...¡non os puido estrear...!-exclamou ó fin, rompendo a chorar.



Foi unha escea moi triste.





-Sea alabado Jesús- dixo outro dos presentes, un ancián que tiña trazas de ser un dos mellores amigos do cliente.



-No, no se preocuparen, si no se lavó, ia todo lo hacen allí en la empresa, gente capacetada, no se desgusten, faltaría más, en estos casos...por favor...-explicou o Billy servicial.



Un silencio sepulcral invitou ó Billy a pechar a boca e facer o seu traballo. Pero non reparara no insólito do asunto. Cando ía retirar os seguros da tapa do cadaleito, decatouse. Á altura da cintura, nin mais arriba, nin mais abaixo, surxía poderosa unha prominencia vertical, só disimulada polas exquisitas roupas do ancián. Semellaba a todas luces, e mesmo sen elas, a representación perfecta dunha erección.



-Desculpe, señora, ¿ahorcamiento no, oh?- preguntou polo baixo e solemne o Billy.



-Por favor, esta é unha situación que queremos rematar rápido, señor. Intente cumplir co seu traballo-repuxo a filla, lixeiramente contrariada.





-Xaora, pero no ve usted que el señor está envarellado? A ver quién es el guapito que le echa el cierre. Bueno, permero lo ievaré hasta la entrada, eá cierro después, a ver como amaño.




O Billy mudou a expresión e tratou de proceder segundo as ordes do xefe, con cautela. Despregou as pequenas rodas da padiana móvil e cargou o cadaleito enriba, coa tapa a medio pechar, froito do estrambótico da situación. Abandoou a habitación co cadaleito e chegou onde a porta. Saiu ás escaleiras. Pronto comprendeu que non podería transportar o cadaleito escaleiras abaixo coa padiana movil, por moi suxeito que fora. O espacio non lle permitiría maniobrar ben.



Tivo dudas. Ollou cara a porta de novo, e non viu ninguén, só puido escoitar os choros afogados que procedían do interior. Mirou ó cadaleito. Logo outra vez a porta. Atopábase en intres nos que os heroes sentirían o medo. Se deixaba ó cliente alí, a familia transmitiría as queixas ó xefe. Se ficaba atrancado co cadaleito no medio da escaleira, o xefe sería informado igualmente. A prioridade era o cliente, acostumaba dicir o xefe. Entón, foi que abriu totalmente o cadaleito, xuntou forzas e colleu con todas as súas forzas ó cliente. Tivo unha imaxe atávica nalgún punto, que o remitía á aldea, cando o pequeno Billy só tiña oito anos. Billy era un rapaz de aldea traballador. Soaban os discos do tío no vello aparello de música, e ía sol antes de comer. Pola noite, cubríase nunha vella manta e ollaba a lareira ata quedar durmido. Súa nai dicíalle que ou estudaba ou só serviría para carretar sacos de patacas coma seu pai.

Billy pensou que cecais seu pai sentiríase orgulloso do seu fillo. Agora o Billy non ía cargado cun saco de patacas. Levaba nos ombros un home duns sesenta e cinco anos, vestido de traxe e garavata en negro, e co arrecendo de Varón Dandy, que era o mais incrible. Fixo forza e colléndoo polas pernas, comezou a baixar as escaleiras. O cadáver baixou nos ombros do Billy como o fan os nenos nos ombros de seus pais cando o Circo Europa visita a cidade. Chegaron enbaixo. A estrana parella. O Billy saiu á rúa. Camiñou co finado nas costas as dúas mazás ata chegar á furgoneta. Non chamou a atención de ningún transeúnte. Inclusive unha señora lle pediu hora e lle desexou que Deus te coide, filliño, ala, ala, moitas gracias. Unha vez na furgoneta, Billy considerou que un home de traxe ben podía ir no asento do acompañante. Colocouno con mimo no asento e pasoulle o cinto de seguridade. Logo acendeu o vehículo e encamiñouse cara a oficina. Pararon nun semáforo:

-Bueno, hombre, bueno, mala sorte la tuia. Pena de palos de golf. Eu non sei xogar ó golf, óesme?Pero si é un pouco coma a billarda, ni Tiger Woods, ni Jesucristo,-falou o Billy para o finado tentando romper o xeo-pero non estés triste, home, mira, polo menos ieva usté un traje bien planchado. Vai romper a pana canda Satanás, quen o verá por aló.

Un coche parou ó lado da furgoneta de Funerarias Agrelo, pois así se chamaba a empresa para a que o Billy traballaba. Unha señora con móvil e lentes de sol, nun todoterreo que lle viña moi grande, ollaba con curiosidade a faciana do finado. O Billy, para non levantar sospeitas, soltaba lixeiramente o freo e voltaba a accioalo; deste xeito, o principio de inercia operaba no corpo sen vida do señor Pardeiro un lixeiro movemento cara diante. Billy acendeu a radio. Soaba Highway to Hell (Autopista cara o Inferno, dos AC/DC). Baixou a ventá do acompañante, reparou no coche da señora e dixo cómprice:

-Vaea carrísimo, nena!,-comezou- vaea carrísimo!-rematou.

O semáforo mudou en verde e o Billy arrincou, querendo deixar clara a súa virilidade. Mais cando aínda non ían cincocentos metros, unha imaxe difusa dunhas luces de neón borraron o resto. Era o A-Tope. O Billy freou en seco e iso ocasionou que o señor Pardeiro, o cliente sufrira un lixeiro golpe contra o cristal dianteiro. Logo voltou a repousar sen vida no asento do acompañante.

-Vaea susto eh? señor Pardeiro, hoxe xa leva uns cantos...mire, a ver qué lle parece, vamos parar un pouco, porque a furgoneta, a condenada, bebeu vinte euros de diesel pola mañá cedo, pero a min tamén se me encendeu o piloto e como teño bono da empresa, voulle meter ó meu depósito vinte euriños de Dyc, que carburan al doscientos por cien. Ala, se queda usté aquí con la radio puesta, alégreme esa cara ostia, que pone medo a los cristeanos. Ademais, teño aí un asunto sentimental, vostede xa me entende, que xa vin eu que os sesenta e cinco, cumpridos pero ben a gusto, termando o pau da vela, fenómeno! Non se me mova eh? Es un matiz.


Billy baixou da furgoneta coa satisfacción que invade ó traballador logo do traballo ben feito. Pensaba na camareira do A-Tope, a da mañá, aquela cariña, aquelas maneiras. O Billy crecérase. Tomaría un par de güisquis para presentarse diante do xefe co traballo feito, quedaría coa camareira cun pouco de sorte para ir dar unha volta, entrar nunha cervexería, pedir un bo prato combinado regado cuns litros de cervexa e mirar o televisor hipnotizado, co ketchup caéndolle pola boca, en tanto que a camareira o ollaba dende o outro lado da mesa, mirando tamén para a tele, para compracer ó Billy. Así foi. O Billy consumiu axiña os dous güisquis e conseguiu o teléfono da camareira. Todo ía sobre rodas. Dixo antes de liscar:

-Nena, ponte mona para la noche, porque Bile es el furacán!

Ela contestou:

-Bile, eres un deablo. Hasta la noche, guapo.

Billy abandoou o local imaxinando que saía non do A-Tope, senón do Campo Municipal de Roupar, con todo o papel vendido, coa grada entregada ó Billy, o capitán, que recén lle partira unha perna ó mediapunta do Becerreá. A xente mirábao entregada, e os vellos brindaban no chiringuito do campo, e as raparigas de Roupar ollaban ó Billy saudar xentilmente ós árbitros ós que lles chamara xentilmente cabroes había cinco minutos, cando aínda a fase de ascenso á Terceira Rexional B non tiña gañador. Logo, o Billy saudaba ós nenos no aparcodoiro do campo namentres os mais dos afeccioados mexaban nos muros de campo. Mexadores en serie. Subían ó bus rival os afeccioados do Becerreá, coas cazadoras negras de coiro, desas como é debido, casual aldea. Un deles berraba:

-Le botastes collós, chavales. No le dar vueltas. ¡Os de Roupar, fillos de...! O ano que ven cambia a pilícola...!


Billy voltou á realidade na beirarrúa. Estaba deserta. Achegouse á furgoneta sorrindo. Ficou petrificado. O asento do acompañante ficaba solitario. Só o recordo. Nin rastro do vello finado. O Billy torceu o xesto. Polo que él sabía, ata agora, os mortos non mudaban vivos. Calmouse e namentres miraba cara o ceo, exclamou:

-Este carallo hubo meterse no maletero!



Cinco anos despois

Casa dos Pardeiro


Edelina Pardeiro cóntalle ós seus familiares o curioso caso do tío Pardeiro:


-Onte, cando estabamos a merendar, apareceu o tío Pardeiro.

-Pero, cómo? Se Pardeiro hai cinco anos que descansa nos prados do Señor?

-Exacto, veu dos prados do Señor co mesmo traxe co que se fora, saúdou a todos os presentes, sentou, tomou un café, charlou un pouco sobre paos de golf e logo voltou ós prados do Señor.

-Cómo? E vós que fixéstedes?

-¿Qué pode facerse, querido, ante semellante insolencia?












domingo, 11 de noviembre de 2007

Dente Azul


No espello da sala podía observar con precisión como o seu corpo se movía fóra de tempo ó ritmo daquela música tropical techno. Había unhas vinte persoas de toda condición, mais a monitora, que con xesto enérgico e convencido tentaba convencer ó personal das maravillas do aerobic. Percibiu dende un primeiro momento a estructuración espontánea do grupo. Na primeira fila atopábanse un grupo de sete persoas, cinco mulleres e dous homes, que tanto pola súa fisionomía exercitada e o seu rostro desinhibido denotaban confianza e familiaridade. Aquela expresión variaba en canto miraban a algún membro do resto do grupo. Entón tornaba en distanciamento e asepsia. Despois había un grupo de seis persoas, homes e mulleres, que polo interese que poñían era fácil presumir que trataban de acadar o nivel do primeiro grupo. Eran aceptados sen dificultade. A continuación, nos laterais, comezaba a exclusión. Dous homes, que polo seu físico semellaban mais, bos afeccioados á Champions nas tabernas do río. Do tipo olles, fichou o Chelse ó negro do Milán e o outro di eh? Nos a quen fichamos, a quen, en Crista! A quen, ponos outras, dame cambeo. Por suposto, a indumentaria era propia dos alleos á actividade física realizada con regularidade. Pronto se decatou deste punto cando observou a ollada condescendente dun home do primeiro grupo. Este home que miraba con repulsa a indumentaria do outro, vestía unha camiseta en verde fluorescente, que reafirmaba os seus pectorais, e uns pantalonciños moi curtos de licra en laranxa fluorescente tamén, a xogo coas raias que daban lustre ás súas zapatillas, futurismo. Levaba as pernas depiladas e lucía un abraiante moreno para a aquela época do ano. O home que era observado con condescendencia ofrecía un branco tradicional do país, deses que cando che dan unha palmada no peito fica a marca dos dedos ben roxiña durante tres días. Vestía, en contraposición ó do grupo destacado, inspirado pola causalidade mais elemental: unha camiseta de Ron Habana en branco, uns pantalóns curtos de algodón gris claro dos anos setenta, carpíns executivos que ofrecían ese estrano contraste entre unhas pernas leitosas de varón, pelos grosos e abundantes e a transparencia dos propios carpíns salientando esa pureza viril, tan pouco sutil, e unhas zapatillas Paredes de reminiscencias heavy en branco, un cuadro demoledor en definitiva. O seu acompañante, o outro, vestía dun xeito moi semellante, variando en pouco, acaso as cores. Por outra parte, os dous tiñan unhas belas meixelas ben enroxecidas polo viño infatigable que tiñan inxerido cando a Copa de Europa aínda era iso, a Copa de Europa.
Mais ó fondo, unha muller presentaba lagoas coordinativas que o noso home puido percibir tamén polo espello. As mulleres do primeiro grupo ollábana de reollo e reafirmábanse na súa destreza, enfatizando a expresión de interese. Así, aumentaba a sensación de aprehensión dos náufragos do aerobic, en tanto a monitora suaba a indumentaria ó berro de vamos, eso es, ahora esas piernas en uno, dos, tres, y arriba! A música techno pechaba aquela estrana instantánea de mens sana in corpore sano. Mais atrás, xa no fondo, atopábase él, xunto a outros tres. Só ían alí para deleitarse observando as mulleres. Él non disimulaba nin se atopaba especialmente incómodo por manter aquela actitude de lascivia moderada. Os outros tres completaban aquel grupo diseccionador. Ollábanse os uns ós outros a través do espello sorrindo abertamente, clavando a ollada nunha cacha, ou nunha cadeira, a duras penas eran capaces de seguir o ritmo. O mesmo daba. Tiñan interiorizado que era un dereito que lles pertencía, ir alí, á clase, e mirar para as mulleres. Eran catro machos convencidos. A clase rematou cuns estiramentos e facianas agotadas. A monitora despediuse e saiu dando as gracias, ollando ós alumnos. Él e os outros tres, despedíronse dela reparando unicamente na súa cadeira e nas pernas. Dirixíronse ó vestiario. Logo entraron os dous da taberna do río e, por último, dous homes do primeiro grupo, o dos avanzados. Comezaron a espirse, ó tempo que un deles abría as duchas. Un dos que estaba en forma quitou a camiseta diante do espello. Observou os pectorais con expresión de satisfacción e seriedade, xuntando os beizos. O seu compañeiro, outro destacado do aerobic, ollaba para él sentado, sorrindo e dicíalle estás definiendo muy bien esta semana, creo que de pecho estás perfecto. Ao tempo que realizaba a observación, acariciaba as súas propias pernas, comprobando a suavidade do depilado. O outro respostaba: hoy le di muy duro, para la semana tenemos que subir un par de series de tríceps, es todo mental, todo mental. Os dous do río, mirábanse o un ó outro con xesto ausente. Estaban sentados. Un deles sacou a camiseta e dixo: estou feito unha merda. O seu amigo non se molestou en rebatirllo. Ó tempo, os catro machos, incluído él, seguían a cantar as virtudes da monitora: vaia cachonda, dicía un. Os outros dicían: está moi cachonda. Despois non dicían nada. E asi, entre vagos comentarios e impresións diversas, ingresaron todos eles espidos na ducha. Oito homes espidos nas duchas dun ximnasio. Uns mirábanse ós outros en silencio, con disimulo. Os atléticos reparaban no físico descuidado dos atletas da taberna, e un destes, observaba os atributos doutro que se atopaba na esquina. Logo miraba para sí. Pechaba os ollos e pensaba nunhas cervexas. Él foi o primeiro en abandoar a ducha. Vestiu os slips con esa urxencia que se experimenta logo dunha ducha reparadora. Puxo o chándal e as zapatillas e, diante do espello, tratou de acomodarse da mellor maneira os cabelos. Botou colonia dabondo e sorriu ensaiando. Atopábase ben. Moi ben. Hoxe era xoves e iría cos compañeiros da oficina a tomar unhas copas. Pasaría pola casa para cambiarse e poñerse aquela camiseta apretada da que tanto gostaba. Se non se entretiña, cecais se atopase coa monitora de aerobic para botarlle unha mirada antes de abandoar o ximnasio. Non puido ser. Ó sair dos vestiarios, logo de despedirse dos seus tres colegas, non puido ver á monitora nas dependencias do ximnasio. Só dous tipos que facían pesas e se animaban o un ó outro: vamos, vamos, vamos, una más, una más. Logo dunha última repetición pegábanse unha palmada e berraban entusiasmados. Saiu ó aparcamento. Sorriulle a sorte. Alí estaba aínda a monitora gardando a bolsa deportiva no maleteiro e subindo ó coche. Achegouse e díxolle: hasta mañana, chica. Pensaba que dicindo chica quedaba de seductor moderado ó tempo que mostraba especial afecto pola rapaza en sí. A rapaza devolveulle o saúdo sorrindo, pensando na cara de idiota que tiñan él e os outros tres daquel grupo de individuos bañados en testosterona que facían daquela clase de aerobic un verdadeiro incordio para ela. Él, ó achegarse ó seu coche, contemplou satisfeito como a monitora acendía o seu e se borraba do recinto. Antes de subirse, puido ver unha furgoneta desas dos setenta, marca Wolkswagen. No interior da mesma puido ver a un rapaz duns trinta anos, cun gorro de lá, de simboloxía xamaicana, e a unha rapaza nova ó seu lado. Semellaba que estivesen a fumar un canuto. Ollounos con desprezo e logo arrincou o coche e perdeuse de vista.

- Xa, tía, molan Toots and the Maytals, van nun rollo aí tranquilo que te envolven moito,- comezou a dicir o rapaz do gorro de lá- eu ás veces cando os poño na furgalla, alucino. En ocasións igual transcurren trinta kilómetros e vou tan metido na súa música que cando me volto a centrar na estrada, non sei onde estou. Que medo, tía. Imaxínaste que un día vas conducindo e te esquences de onde ves e para onde ías? Pasoulle a un colega meu.
- Como se che vai, que dis?- dixo a rapaza pasándolle o canuto.
- Un colega meu que fai snowboard en Noruega, Breixo.
- Breixo? Non o coñezo, pero xa me dirás ti que fai un tío que se chama Breixo en Noruega.
- O Breixo é un tipo que xa se saltou varios límites no transcurso da súa vida. Sempre foi moi deportista,…, uhum! uhum! Joder coa marihuana esta, sí que está forte.
- É norueguesa?
- A marihuana?
- Non oh, a tipa que fixo que un tío que se chama Breixo rematara en Noruega, porque se non, non o entendo. Noruega…Os noregueses semellan robots. Meu pai di que os noregueses, os suecos, os finlandeses, que están todos tolos, que non teñen puta idea de nada. Bueno, vale, inventaron o Linux e o Bluetooth…
- Ti sabes quen era Dente Azul?
- Quen, Bluetooth?
- Sí, Dente Azul era un pirata dos mares do norte que ía co barco cheo de mulleres que secuestraba polas costas dos países do norte. Por exemplo, chegaba a Estocolmo, que non sei se ten mar, é un exemplo, collía o loro e o parche, entraba na taberna do peirao e dicía en alto: Onde están as mulleres desta vila? Poñédeme unha botella de ron, se non cólloas a todas e marcho no barco, e logo cagábase en Cristo, pero en noregués.
- Deixasme flipada, estás inventando?
- Como cho conto…toma, fuma ti un pouco, eu xa vou servido. Mola esta canción…pois sí. Dente Azul. E entón foi que chegou a xuntar mil setecentas mulleres nas adegas do barco. Claro, os piratas nin pirateaban nin a virxe, andaban flipados todo o día, querendo entrar nas adegas do barco, pero Dente Azul non lles deixaba. Cada noite, facía que lle trouguesen unha muller ós seus aposentos. Alí, bebendo ron, trataba de calmar á rapaza e logo comezaba a lerlle versos que escribía nas noites de insomnio. Collía o libro entre as mans, erguía da súa cadeira, e comezaba a pasear pola habitación espido, só iluminado pola escasa luz dunha vela, e erguía as mans, recitando emocioado. Xa te imaxinas ti ó Dente Azul, espido, co parche no ollo, o loro no ombro e recitando:

“Son Dente Azul, navego fuxindo da tristura,
teño o corazón rachado e a espada dura,
e si me deixas, tocaríache o cú.”

-Estás a inventar, mintes…
-E que gañaría eu con mentirche, pero déixame rematar:

“son o terror dos Mares do Norte, o pirata dos poetas,
teño roubado moito e herdei horribles cicatrices,
poido ver os perigos nas formas das tetas,
e fun amante de oito mil meretrices”

- Ala, pois menudo poeta estaba feito o Dente Azul, a min así non me ligaba.
- Xa, a ti non, pero a aquelas chavalas cheas de medo, sí. O Dente Azul era un sentimental, e nunca lle fixo dano a ningunha daquelas mozas. Namorounas a todas, ás mil setecentas, e cada noite namoraba unha. Tivo fillos e tivo que roubar un barco mais grande, pois xa non cabían todos. Tivo algún problema cos piratas que querían andar coas rapazas, e chimpounos á auga coas pernas cortadas para que non puideran nadar, pensaba en todo. Logo, mandábaos á auga sen os brazos tamén, porque un pirata seu que fora sorprendido pasando notiñas que escribía en virutas da barrica do ron a unha das mulleres de Dente Azul, conseguira chegar ás costas de Dinamarca.
- E como?
- Din que se agarrou coas brazos a unha táboa de madeira que había na auga, colleu as súas propias pernas cortadas e remou con elas ata chegar. Dende aquela cortoulles tamén os brazos, porque a Dente Azul non lle gustaba que lle andivesen tocando tanto os collós, bueno, que llos andivesen tocando os seus piratas.
- Estás tolo, toma e remata o canuto, porque ó final non me contache o do Breixo, por comezar coas tonterías esas de Dente Azul,...
- É verdade, Breixo. Breixo tiña costume de drogarse sen establecer límites a priori. Un día que se foi á neve, ós Pirineos, levaba tanta droga na súa furgoneta como para unha xira mundial dos Led Zepellin, e ía coa música posta, un disco de Frank Sinatra. Gustáballe tanto Frank Sinatra, que decidiu que nunca mais voltaría a falar ata que alguén, por azar ou por confundilo, lle chamase Frank. Botou catro anos e tres meses sen falar ata que un día, nun supermercado, falou.
- Joder, e quen lle chamou Frank?
- Ninguén, o que pasa é que estaba moi canso de non falar con ninguén, e alí, no supermercado, adiantoulle unha vella no turno da carnicería, e cagouse en todo, e despois xa voltou falar. Estábao desexando. Polo visto, o mais duro de non falar son os tres primeiros meses, despois xa vai todo ben.
- E ti como sabes iso?
- Díxomo Breixo cando levaba tres meses sen falar. Foi a única excepción. Despois non voltou falar mais ata o día do supermercado, catro anos despois.
- Ostiá, vaia tipo o Breixo. Pero como chegou logo a Noruega?
- O asunto é que, como che dixen, facendo snowboard e drogándose non había un como él en toda Galicia. Polo visto, ía por Irún, ou así, e colleu e parou a furgoneta. Ía moi pasado. E decidiu que o mellor sitio para facer snowboard sería por Noruega ou así.
- E arrincou?
- Arrincou a pé ata Noruega, logo de prenderlle lume á furgalla e coller o diñeiro e a tabra de snowboard. Tardou dous meses e medio en chegar. Pero agora vive moi feliz alí, aínda que hai moitos suicidios, porque o clima é moi deprimente.
- Pero non ías contar que o Breixo, de tan drogado que ía, e ó meterse tanto na música, esquencérase cara onde ía, e rematou en Noruega?
- Bueno, a verdade é esta que che contei agora. Vamos bastante fumados neste preciso intre, non?
- Sí, excedímonos un pouco, pero qué, faite outro aí, que a noite promete. Baixamos e imaxinamos durante os próximos vinte minutos que somos noregueses? Pero imaxinando de verdade, hai que intentar pensar como se fosemos noregueses.
- Vale, apagarei o equipo de música. Ou déixoo acendido. Mellor facemos de noregueses aquí dentro. Eu vou facer de Boca Azul, e ti eres unha chavala de Goteborg, roubeite hai dous días. Estamos nos meus aposentos. Vamos ó asento de atrás.

A noite segue o seu curso, e a parella da marihuana disfruta dos viaxes a ningures no interior dunha furgoneta marca Wolkswagen. Nalgún lugar dos mares do norte, un barco afundido soterra os segredos do pirata Dente Azul, que un día, enfermo de amor, por non poder querer ás mil setecentas mulleres a un tempo, decidiu afundir o seu propio barco coas súas mulleres e os seus piratas, e asi rematar coa súa dor. Dende entón, os suecos, os noregueses, os finlandeses, non teñen tempo para quererse. Só saben inventar Linux, Bluetooth, Ikea, e quedar eliminados das eliminatorias do Mundial de fútbol.
Lugo, 10 de Novembro de 2007
PD:A continuación, ofrézovos unha "xoia" de documento gráfico, pertencente a unha peculiar intervención do Salmón por excelencia na televisión arxentina. Moi grande, a partir do minuto cinco de video, ata o sete que remata, o solo de guitarra coa orquesta do programa. Impagable. Da época mais oscura do salmón. Ano 2000: http://es.youtube.com/watch?v=jKBQwtLKOco