domingo, 8 de noviembre de 2009

Mención especial para A Distancia

En Abelleira, sendo as 16.00 horas do día 26 de setembro de 2009 reúnense os membros do xurado do IIIº Certame de Relato Curto "A Orola", organizado pola A.C.R. Ponte Vella de Abelleira.

O xurado formado por:

  • Dona Caridad González Cerviño(Presidenta do xurado e Presidenta da Comisión de Cultura, Educación e Patrimonio histórico-artístico da Deputación da Coruña).
  • Don Xosé Manuel Sande Chouza (Mestre e xornalista de La Voz de Galicia).
  • Don Xosé Antonio Formoso Lado(filólogo)
  • Don Antonio Priegue Leis(secretario do xurado, con voz e sen voto.

Despois de comentar os relatos e deliberar sobre os mesmos o xurado decidiu por unanimidade:

Conceder o premio como gañador ao relato presentado baixo o lema "Axóuxere". Unha vez aberta a plica correspondeu a autora Rocío Leira Castro co título O ALPENDRE DOS MEUS SOÑOS.

Así mesmo, o xurado quixo facer unha mención especial ao relato A DISTANCIA de Lois Pérez Díaz.

Sendo as 18.00 horas levantouse a sesión e redactouse a presente acta da cal como secretario dou fe.

En Abelleira, 26 de setembro de 2009