viernes, 26 de octubre de 2007

O coloso en chamas ( California)


Semella en ocasións que asistísemos á furia dos deuses pola obra dos humanos. Arde California e certamente está sendo unha grande catástrofe, pero a frivolidade dalgúns medios é desconcertante cando menos. Atención: foi evacuada Olivia Newton- John. Uff, menos mal, Olivia, non ardiche. Arde California hoxe, onte inúndase Nova Orleans e resulta incrible que un país que pode gastar centos de miles de millóns de dólares en armas para enviar centos de miles de soldados(ós de sempre, ós que menos teñen, ós latinos de toda condición humilde maioritariamente), se vexa sobrepasado por estas catástrofes coma se tiveran acontecido nun país subdesarrollado. Agora, se eu fora un columnista, viría o momento de esixir responsabilidades, e os nosos dirixentes...non. Primeiro resulta que o estado de California está nas mans dunha morea de músculos enchoupados en anabolizantes chamados Arnold Schwarzenneger(bueno, si se escribe así e acertei á primeira xa me poño eu a medalla). Arny é o clásico pobre diaño que saiu un día de Austria e chegou ó sinsentido de Hollywood, ó igual que Steven Seagal, Charles Bronson, Chuck Norris, Sylvester Stallone...e se convertiu nunha máquina de obter diñeiro. Sen dúbida, sería interesante estudiar ese mecanismo que opera en nós e que convirte a moitos reparte-ostias(desculpas ó diccionario) en pouco menos que heroes nacionais. Ou sexa, que os californianos depositaron a súa confianza en Terminator para rexir os destinos da 3ª potencia mundial. É curioso. Por un lado está ben, porque cando ocorre unha traxedia deste tipo, inmediatamente se pode contar con Arny para que chame ós seus amigos actores e entón móntase un programa 24 horas no que se ve a tódalas estrelas cinematográficas atendendo teléfonos para doacións, ataviados todos eles con gorras negras; eso por un lado está ben, porque ademais do donativo, exerce no estadounidense medio unha sensación de protección por acumulación de elementos oníricos relacioados coa fortaleza. É a acumulación de superheroes. "Carallo, qué país mais grande somos, velaí están Terminator, Rambo, Batman, Spiderman, Catwoman, pero están todos, ostia...qué grandes somos, mira cómo atenden os teléfonos". Tanto ten se non esiximos actuacións propias dunha superpotencia mundial. Resulta paradóxico que arda a terra e a natureza dunha forma tan viva nun país no que as temperaturas do pensamento están tan adormecidas, pois só asi se explica (bueno, non só así, evidentemente os lobbys neoconservadores, multinacionais, etc, etc, verdade?) que chegue a presidente un idiota do estado de Tejas. Enténdese por idiota aquela persoa que se deixa enganar con facilidade, segundo o diccionario, e dada a brevedade da acepción poderiamos engadir facilmente outros calificativos coma iluso, soberbio ou ignorante, cecais analfabeto funcional, e se consultásemos de novo comprobaríamos que non estamos a esaxerar. É terrorífico que só esté representado no sistema político estadounidense o 50% da poboación, e que o apoio do home que rixe ese país sexa do 25% mais ou menos. Quere isto dicir que a outra metade, non se atopa representada por ninguén de forma institucional e isto é tráxico. Pero indaguemos no inconsciente colectivo. Estados Unidos. As series televisivas, o cine, os superheroes, as armas, os exércitos, en realidade estes elementos confórmanse no noso pensamento nun principio como unha invención dos norteamericanos. E asi, de xeito análogo, aséntase en nós a convicción de que o estado natural das cousas é o abuso e o atropelo cara os demais dun país como os Estados Unidos. Eles son os que prohiben a fabricación de armas nucleares, cando son o maior fabricante do mundo e os que mais teñen, eles sancionan as dictaduras(cando non axudan a levantalas), néganse a suscribir pactos a escala mundial contra o cambio climático, néganse a someterse ó Tribunal Internacional de Xustiza, posúen campos de concentración alleos á legalidade, practican secuestros de supostos terroristas, cárceres secretas en connivencia con moitos estados europeos...coido que son obviedades, pero é preciso lembralas. ¿É iso o que nós aceptamos como normal? Non se trata de demagoxia anti-imperialista nin o pretendese, pero realmente é escandaloso que nos procuren dar leccións de ética. A ética do diñeiro, do abuso, iso é o que hai. Por suposto que se valora todo o legado que ten aportado Norteamérica ó mundo: a loita polos dereitos civiles, certos aspectos democráticos aínda inimaxinables no noso país, o legado cultural(literario,musical, pictórico, artístico), pero, por favor, o mundo non é un exprimidor de laranxas. E namentres Terminator e un idiota de Tejas estén ós mandos da política internacional, e só procuren o crecemento sen límite do seu país, atropelando, practicando o terror, só estaremos camiñando pasiño a pasiño cara un novo conflicto bélico a escala mundial. E os ideólogos e os tecnócratas estarán a facer a barbaquieu con chorizitos parrilleros ó tempo que ven o beisbol no xardín da casa dos Wilson o domingo ó mediodía. Ey, Kid, recoge el bate, hijo, luego echáremos unas carreras. Sí papá, avisaré a Warren. Papá, somos los buenos? Claro, hijo, el mundo está lleno de gente mala. Anda, recoge el bate. Quieres un poco de mostaza?

No hay comentarios: