martes, 23 de diciembre de 2008

"Padrón" de Ouro: A corrente salvaxe


O sábado foime notificado telefonicamente que recibira unha mención especial do xurado da Fundación Pedrón de Ouro; o nome do relato que presentei é "A corrente salvaxe". Nin gañei, nin conseguín accésit algún, pero si esa mención especial que comporta a publicación o ano que ven do relato anteriormente referido en Ediciós do Castro, xunto cos outros premiados.


Un paso insignificante para o mundo, pero un pasiño importante para min. Teño que dicir varias cousas: estou satisfeito, o simple feito de ser lido é reconfortante, sobre todo logo de escribir sen saber exactamente porqué(o que significa que sei inexactamente o porqué), moito máis aínda que o que un fai sexa considerado de calidade; tamén me lembro de Rubén Ceide, o gañador do ano pasado, amigo meu, que co seu exemplo me animou a lanzarme; tamén de Xoán Ramón Díaz, alguén que coa súa fondura e sabiduría me abre xenerosamente portas literarias privadas que eu nunca tería sabido que existían(cómo corresponder tantas e tantas horas de conversacións e aprendizaxe, escoitar a cambio de nada?), por ser alguén que me amosa a verdade maravillosa e terrible de escribir; tamén ao Vázquez(compañeiro infatigable de lecturas que nunca sei cara onde nos levan, seguramente cara un océano infinito de confusión, agradable océano), ao Brais(Good! It shall be! Revealment of myself! But listen, for we must co-operate; I don´drink tea: permit me the cigar!...lembra) a Maikel e Xavi(inspiración permanente) e tamén aos meus avós, aos ausentes e aos vivos(foron o Aniceto e a Dedica os que sementaron na miña cabeza a imaxe do Comesoltas).
Á Alba e a meus pais e meu irmán, por sempre.

Tamén ao resto dos que me animan coa súa amizade ou cariño, ao Xaime, ese "descoñecido" que de cando en vez aterra no blogue e me pide máis.

PD: Demasiada adicacións, fóiseme a man..."non me xulguen tan severamente"(Brian Wilson dixit).

PD2: Unha das miñas inspiracións permanentes....http://www.youtube.com/watch?v=T-P0w3wextE

PREMIO “ MODESTO R FIGUEIREDO” ( cunha contía de 600€) para a obra:
“ UNHA CASA CHEA DE XANELAS” da que é autor IVÁN GARCÍA CAMPOS de A Coruña. Destácase deste autor que xa foi premiado neste Certame en 2006 e da obra gañadora deste ano valórase a capacidade narrativa, o detallismo na construcción psicolóxica dos personaxes, o multiperspectivismo para crear a historia mestura de realidade e imaxinación. Tamén se destaca a gradación de accións, o detallismo e obsérvase cualitativamente a pluralidade de emisores nos contextos sociais así como as referencias temáticas do momento e asemade a elementos narrativos de definición cinematográfica.
ACCESES ( cunha contía cadanseu de 200 €) para as obras:
a) “ COLLEITA DE SOMBRAS” da que é autora CHELO SUÁREZ MUÍÑOS de A Coruña. Desta obra valórase a heteroxeneidade narrativa con recreación de ambientes diversos e mención a lugares recoñecibeis ( concretos). A altura estilística conseguida a través dunha linguaxe coidada que é capaz de espellar os estados anímicos dos protagonistas mantendo unha intensidade afectiva resolta con brillantez.
b) “ UN PINTOR MALOGRADO” da que é autor ALBERTO GÓMEZ ANEIROS de Santiago de Compostela. Autor premiado tamén, no 2007, neste Cetame. Desta obra saliéntase unha capacidade significada para recrear unha situación extraordinaria, sorprendente, para os lectores con axilidade narrativa.Recolle aspectos clásicos da literatura de introspección persoal na liña de Kafka e Albert Camus.
O XURADO propón pola súa calidade literaria a publicación das seguintes obras presentadas co título:
a) “AI PADRIÑO!
b) “ A CORRENTE SALVAXE
c) “ HAPPY SUNDAY
DATA DO ACTO DE ENTREGA DOS PREMIOS: día 27 de decembro ás DOCE TRINTA HORAS na CASA DO CONCELLO DE PADRÓN. Mantedor do ACTO DE ENTREGA: Sechu Sende ( escritor)
PUBLICACIÓN: Tanto os traballos premiados como os propostos para publicación , se así o permiten os seus autores, serán publicados nun tomo da Colección “ PREMIOS MODESTO RODRÍGUEZ FIGUEIREDO” pola Editorial O CASTRO.

3 comentarios:

Xaime dijo...

Eres un merdán, mira que non gañar.

Ulises Lima dijo...

Son un merdán, iso concédoo; pero son un merdán contento, pois pequenos sucesos coma este achegan a un a ese eslogan publicitario que é a moderada felicidade. E falando entre merdáns(jajaja), lémbrome agora dun libro que se chamaba "Historias dun escritor de merda"...Ese título ben valería unha mención especial tamén, mágoa que xa se teña inventado.
Hoxe é día 30, que curioso pensar que en realidade non é nada, sinxelamente o tempo, ao que alguén lle puxo o nome, alguén lle puxo nome a algo intanxible, algo que non existe, algo que nós percibimos como sucesión pero que cecais non teña nada que ver con iso, algo que nos deixa máis tranquilos, pero que non é máis que unha invención. O tempo non existe. Lembro aquí tamén a frase de Dashiell Hammet: "Cada un de nós dispón de 24 horas ao día". Vintecatro horas para deixarse levar por aquela felicidade pronunciada por Kafka: "Que mellor que afacerse un mesmo á sinxela alucinación, vía con toda nitidez unha mezquita onde había unha fábrica, un grupo de tambores formado por anxos, calesas do camiño do ceo, un salón no fondo dun lago".

Ulises Lima dijo...

Onde dixen "Historias dun escritor de merda", debería figurar "Confesións dun artista de merda", libro do enorme e inclasificable Philip K. Dick, autor sumamente interesante, máis aló da "boa escrita", algo que non é máis que algunhas convencións aceptadas por todo o mundo. Este home tentou ir máis aló, coido que se foi moi lonxe.

Está ben isto dos comentarios, porque podería ser un blogue paralelo, un universo paralelo. Non está ben respostarse a un mesmo, pero é o que hai, o propio e insustituíble diálogo cun mesmo.