viernes, 19 de octubre de 2007

Agardando por Pascual (Beckett revisited)


O vello café era unha loucura polas mañás. Os parados, os ociosos, os xubilados, os viaxeiros...arrexuntábanse alí, a carón das mesas, da barra, e o fume do tabaco mesturado coas expectativas incumpridas tinguían o ambiente dunha urxencia tranquila. O arrecendo do café era a anestesia. Os xornais eran un triunfo, disputados polos ávidos lectores das novas deportivas, e moitos mais cigarriños mortos no chan.


Na mesa, dous poetas do andamio confésanse:

-Hai que terche moito coidado.

-Xa, coidado,...,¿ e logo?
-Manolo, non somos nada..., nada somos, oíche?

-Non..., carallo, está quente o café?
-Vai un frío do carallo, eh, está quente o café...

-Joder, viche o partido onte, puta cos pareu, aburren ás ovellas, e que o tipo non se entera, home...
-Vino co Pascual, está feito unha merda...
-Pero o Pascual non tiña ovellas, ou?
-Vai un frío do carallo...o Pascual non apareceu onte pola obra...

-E que ía aparecer, non sabes o que lle pasou?

-Que tiña frío?

Aquí, neste momento, como por arte de maxia, fai a súa entrada no café un tipo moi semellante a Samuel Beckett, pero non é él. Logo alguén se dispón a agardar, Agardando por Pascual.

-O frío pasoulle de vez, dígocho eu.
-Aburren ás ovellas, no me fodas,...e vostede que mira, señora, atenda ó café!

- Non, oh, Brasil...

-Ui, ai, ei, aí sí, Brasil, esos si que xogan, os negriños eses carburan que nin Dios...
-Brasileiras, digo, non Brasil, e que...

-E carburarán tamén ¿ ou?

-O Pascual, carallo, que aí atrás marchou pa´ló, con outros cinco da obra...

-Pero o Pascual fai masa, que non xoga, pero...conta, conta...

-Liscou de timba cos da obra ó Brasil...

-¿Ó subastao?¿ou á berisca?

- ¡Marchou de foda, Manuel, carallo, que non entendes nada! Vamos a ver, tí ¿cantos anos levas na obra?

-O encargado dixo que arremecagonaverjinidá, que en Xaneiro hai que despachar, senón imos a la puta rue, así en francés o encargado, vaia nivel che ten o cabrón, en francés...

-O Pascual ía moi feliz paló, e non sei se levaba tres mil euros ou a virgen, e saiu o día que se foi, saiu enchendo o peito, que ía foder a medio Brasil.

-Pero o Pascual esta casado ¿ou?, felizmente...

-Felizmente díxolle á muller que tiña que ir de caza a Toledo, ¡a Toledo!, oes, cos seus dous collós.

-Aí atrás estaba a Cultural Toledana en Segunda "B", non son Brasil, pero...vaia frío de los cristianos de nuestro señor Jesuscristo...señora, atenda ó café, non a vaiamos ter...
-O caso é que ata mercou un par de rifles o día antes para ensinarllos á muller, unha bendita, aí foi o Pascual cos dous rifles para a casa...e ó día seguinte, meteunos no coche.

-Meu pai tiña un rifle...pero, ¿cómo?, ¿arrancou para Toledo cos rifles no coche?, pero, ¿non fora para Brasil foder?
- Manuel, eres un acémela, estouche dicindo que lle dixo á muller que ía cazar a Toledo, pero a onde foi realmente foi a Brasil, cos cinco da obra, a mamarse ben mamado e con gañas de armala coas chavalas dalí, que dixo que alí seguro que andaba todo Dios espido, e a virgen...claro.
-Ai, pero se logo foi e volveu, tudo bem...como di o portugués que fai masa nos baixos...tudo bem.
-Sí, tudo bem, sí, pero o problema foi Barajas...

-Home, claro, se vas a Brasil xogar ó subastao ou á berisca tes que levar Barajas, unha Furnier, por´ajemplo...

-Non, oh, os rifles, os rifles foron o problema...

-O Pascual sempre tivo mala virxe...xa di sempre nos partidos de veteranos, antes de sair ó campo: "Cago en ningún Dios, primer despeje, á cabeza, primeira falta, ás rodillas, e permeiro codazo, ós dentes...e aí atrás, sin confesiones eh, eeeh?!

-Xaora, o Pascual fixo todo ben menos o dos rifles...

-Pero logo ten familia en Barajas, para que llos gardasen?
-O que tivo en Barajas foi moi mala sorte, che comento: resulta que tirou o Pascual pó Brasil, e a muller na casa cos catro cativos, emociónome ó contalo...e entón, resulta que viñeron os cás. Unhos bos pastores alemanes e...

-Alemanea sempre está nas finales, pero como la del setenta e cuatro, nenguna. Buu!, Beckenbauer, el Geisser, ese sí que xogaba...

- Non, oh, os pastores alemanes...

-El can es el chaval más fiel de los hombres, ¿non?...

-Vamos a ver Manuel, o asunto foiche que no que o Pascual andaba a lingotazos e poñéndose farruco coas chavalas en Ipanema, bailando diante delas cos ollos pechados e berrando salvajadas, os pastores alemáns da Policía Nacional, nunha batida desas, no aparcamento de Barajas, uliscaron os rifles no maleteiro do coche do Pascual...

-Pero digo eu que si os uliscaron só, tampouco pasa nada, porque ata o que sei eu, os rifles aínda non disparan solos...oíche oh, ¿e uliscaríanlle o rifle ó Pascual en Brasil?

-¡Vaea! Non, oh, non, o asunto é que como descubriron os rifles no aparcamento, colleron a matrícula e, o mais gordo foi...

-Gordos non poden estar os pastores alemáns, meu cuñao dícelle sempre ó seu:¡Sent! ¡Sent! E o pastor alemán de gordo nada eh...de gordo, sí que nadita...
-Nin gordos nen osteas, o grave foi que o coche estaba a nombre da muller, cojones, ¡da muller!, e claro, chamaron e comentáronlle un pouco por riba a xogada á muller, e a muller ni te cuento la que armó.

-E o outro fodendo en Ipanema, oíche...¡manda carallo! Ahora casa todo, vaia negocio fixo o Pascual, puta que lo hizo...

-Así que o Pascual colleu o primeiro avión que encontrou, voltou para Barajas, alí agardábano a Guardia Civil e a muller, e foi direitiño pa´xunto da Guardia Civil. Le leyeron la cuartilla allí mesmito, e o Pascual veuse abaixo, se derrumbó chico, cando claro, pasou dous días no cuartelillo, sanción inmediata de tres mil euros y...a jugaar! E chegou haberá unha semana á casa e xa alí, primeiro bronca da virgen ¿eh?, da virgen, y lueguito maletas en el portal, os cativos chorando chamándolle fillo de puta a seu pai, tiña sanción de tres partidos na liga de veteranos, carta da constructora que estaba despedido, que entregara os guantes, o casco, o mono...

-O mono do Pascual, manda carallo chover na Habana, cágate Fidel.

- Vai frío, vai, pero o peor aínda non é eso, non...

-¿Ai non?¿E logo? Oyes, xa vai menos frío, ¿eh?

-O gordo é que eu entereime do negocio do Pascual cando estaba coa súa bata de andar pola casa, coa muller... la conozo del EGB, e a verdá é que aínda que xa levábamos dous anos, uno nunca se afai a estas cousas, hai que ser caballero...eso lo primero.

E así, abandoando a voráxine dun café calquera, aínda se pode ver ó sufrido camareiro, facéndose sitio entre as mesas, pensando no mal que se traballa logo de sair a noite enteira, mirando engaiolado e roto como na mesa da esquina, a súa ex-noiva, a que xa non lle valían as bromas do rapaz de hostelería agora que ela comezara a estudar Políticas hai cinco anos, degusta un desaiuno Continental bicándose con aquel executivo que lle daba clases particulares cando era novo. Na radio do café óese de fondo un piano, unha guitarra, un baixo tamén, mais guitarras, e vindo dende atrás comeza a cantar...Ana Kiro, Sofisticated Lady.


Refire Houellebeqc, o louco francés, no seu libro Ampliación do Campo de Batalla, que o mundo funciona en base a dous taboleiros de xogo ben diferenciados polos nosos devanceiros: Marte e Venus. Por un lado, Marte, de natureza masculina en orixe, un mundo de dominación, diñeiro e medo. E por outro, Venus, de sexo e seducción. E nada mais. A levar paos, e o último que peche a porta.(Thank You, Rubén Vázquez, "gracias rubio, por la frase, o por apurarme una sonrisa, no se puede creer, donde hubo amor, queda brisa, ceniza"...)


Canción que ben podería acompañar o escrito: "El hombre que casi conocía a Michi Panero" Nacho Vegas


Enlace para videoclip de "Carnaval en Brasil" (oído/visto): http://es.youtube.com/watch?v=_7Md98P0A4M


Un par de gags necesarios de keith richards, please:http://es.youtube.com/watch?v=05dFEpTxOTw

No hay comentarios: