lunes, 15 de octubre de 2007

A orella de Franco


Jaime Mayor Oreja, ese diputado popular, ex-ministro de Interior, eurodeputado que xunto a outro eurodeputado polaco negouse a condear a dictadura franquista no Parlamento Europeo hai un par de anos, volta a sorprender a propios e estranos cunhas declaracións a un reporteiro de La Voz de Galicia. Nelas despáchase a gusto sobre a situación do País Vasco, en clave apocalíptica, e sobre a Lei de Memoria Histórica, e é precisamente neste contexto onde ó ser inquirido polas reticencias do seu partido a condear o franquismo, apunta abertamente que él non pensa que teña que ser condeado o franquismo, dado que é un período mais da historia española, e que moitas familias deste país viviron ese período con absoluta normalidade, e que non a condea porque foi por mor da Guerra Civil, da que tivo culpa a República, isto é, lembremos, o goberno democráticamente elixido.


Foi sincero, e iso é algo de agradecer nun partido que en tantas ocasións se declarou de centro. Está ben que un membro insigne do mesmo diga a verdade do seu pensamento abertamente, e isto debería desencadear accións similares por parte dos seus colegas de filas. Ademais, para os votantes ou potenciais votantes do Partido Popular, supoño que será sen dúbida unha información valiosa a ter en conta á hora de realizar a súa elección. Así, sen máscaras nen trampas é como se calibra a estatura política dos representantes da cidadanía. Tampouco semellaba moi disposto o señor Ángel Acebes a rectificar ó seu compañeiro. ¿Con qué faciana se podería presentar este secretario xeral na comida do domingo con seus pais tendo condenado o franquismo? Imposible.


Como digo, sería moi interesante que os compañeiros/as de partido do Oreja se animasen sen complexos a mostrar a súa natureza. Deste xeito non teríamos que soportar as afirmacións esperpénticas dun partido que se di de centro, cando na realidade se trata dun partido que se opuxo á lei dos matrimonios sexuais, se opuxo á constitución no seu día, opúxose a regularización dos inmigrantes, opúxose á retirada dos símbolos franquistas e agora rexeita un dos seus membros condear a dictadura...


Persoalmente, considero indefendible a ideoloxía da dereita e da extrema dereita, pero agradecería que se realmente se posúe a mesma se diga e non se minta ós cidadáns. O franquismo, "...no que se vivía prácidamente...", eu engadiría que vivían prácidamente os que vivían. Outros eran asasinados, discriminados, perseguidos, por diferir ideoloxicamente, por non católicos, por ler mais da conta("Muera la cultura, viva la muerte" Millán Astray dixit), por homosexuais, por mulleres, por pobres, por moros...en fin. Jaime Mayor Oreja, un representante democrático, afirmando que non é quen de condear o franquismo. Hai situacións na vida na que non se pode estar entre dúas augas: ou estás coa democracia ou estás co fascismo, ou eres de Maradona ou de Pelé, pero Franco...per favore, denlle a este señor un manual de urbanidade. As eleccións achéganse e xa estamos a desesperada: a patria, a bandeira, a igrexa, Franco...o de sempre. E por riba non lles toquen Meirás. Metamos os pés na merda.


Canción recomendada: "Let it loose" Rolling Stones

No hay comentarios: