Qué triste este o noso camiño cara a experiencia. Polo visto, segundo transcurre o tempo un vai collendo experiencia. "Ten que coller experiencia", "agora xa ten experiencia", "iso foi que non ten experiencia". De xeito que a medida que un vai medrando, ou encollendo, vai vivindo, vai collendo a experiencia. Falso...coido. A experiencia que adquires normalmente é a base (non a base de puta madre, esa expresión adolescente da zona da Piringalla xa en desuso) de labazadas. Refírome a situacións verdadeiramente complexas nas que o erro no transcurso das mesmas comporta unha consecuencia realmente negativa. Así, cando xa tes experiencia, xa levache o "corrientazo" e o único que resta é agardar un novo "corrientazo" para acadar mais experiencia. A situación aseméllase un pouco a mercar un coche ben bonito nun concesionario(o nacemento) e logo conducir despreocupadamente. De súpeto, coa aparición dos problemas o motor comeza a facer ruídos, e logo salta o capó e fica tirado no medio da estrada. Tí comezas a suar e, cando aínda te estás a repoñer do primeiro mazazo, encéndese o piloto do aceite e o do gas. Problemas. Pulso acelerado. Logo pínchase unha roda, saltan os tapacubos, pínchanse as outras tres, caen á estrada, sóltase a carrocería, e os cristais, semellas Buster Keaton, e cando te decatas, xa só che queda o volante nas mans, e o palier partiu tamén. Só ficas tí, alí no medio do asfalto, coa cara chea de merda, un mísero volante e tres tristes tapacubos rodando alegremente cada un por seu lado.
De xeito que na madurez, na suposta madurez, hai que engadir á puerilidade que nos acompaña dende nenos, os problemas que conleva o paso do tempo e os que virán da ancianidade. Así que, mais que camiñar cara a experiencia, camiñamos un pouco cara a inexperiencia. ¡Qué bonito era o noso coche!
Ei, vamos meterlle un toque de rock ó asunto. Pois isto que van os Aerosmith, nos anos 70, a dar un concerto a San Diego, e debemos supoñer que ían lixeiramente trucados, saen ó escenario e, sorprendentemente, diante de mais de cen mil persoas, comezan a tocar sen presentarse e soa a canción coa que sempre se despiden. Logo, coa xente entusiasmada, abandoan as guitarras e un deles polo micrófono: "Boas noites, Cleveland, un concerto inolvidable". Logo liscan dalí. Polo menos non fixeron o que o líder de Motorhead, tamén baixo o influxo non precisamente da lúa, que decidiu darlle un toque mais intimista ó escenario, disparando cunha Magnum contra os focos da iluminación.
Cancións que inspiran este outubro: "Before the night is over" Jerry Lee Lewis& B.B. King
"You´re a big girl now" Bob Dylan en Blood on the tracks
No hay comentarios:
Publicar un comentario